Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

a burbida

Ola a todas/os, son Arturo Loureiro de Ferrol.

O asunto é informarvos de que hoxe a mañanciña e dende Redondela, comenzou a singladura con dirección a Ferrol o amigo Javier Pereira a bordo da súa embarcación A BÚRBIDA, aproximadamente as 17.00 h recalou en Ons para descansar e repopoñer forzas, mañan sábado ten pensado con as primeiras luces do día, afrontar outro tramo ata donde considere seguro chegar.
!ánimo bos ventos e coidadiño¡


Animo Xabier e bon vento.

Animo Xabier e bon vento.


O Navegante solitario a

O Navegante solitario a bordo da Búrbida recalou onte e pasou a noite en Sálvora xa que o tempo non era faborable, esta mañan as 8.30h comenzou de novo a sua singladura e a esta hora, 11.25 estaba chegando a altura de Monte Louro na posición 42º40`N - 9º05`W e pretende chegar e facer noite en Fisterra.

Bos ventos dende Ferrol mariñeiro


Como xa ven sendo habitual

Como xa ven sendo habitual vou facer de novo de corresponsal, e emitir o parte de navegación, segun conversación telefónica con Xavier, hoxe asomou o fuciño da Búrbida fora da ria de Corcubión, parece que o vento era forte e as ondas non eran para disfrutar e dixo "si non disfruto navegando non saio" que é mesmo que decir (segun palabras textuais del) ¡o que ten cú ten medo! desisteu da idea e quedouse facendo turimo, visitando Corcubión, Cée, a desembvocadura do rio Xallas en Ézaro, O Pindo, a praia de Quilmas, e algun que outro rincón da tan fermosa Ria.
Segun o parte meteorolóxico parece que o tempo vai a millor, a ver si mañán pode afrontar outra etapa.

on saúdo


Como nos ten acostumbrados,

Como nos ten acostumbrados, Xavier volta a disfrutar da navegación da boa. Lembrade os Encontros de Rianxo e o temporal que non permitiu saír ás embarcacións e as que o fixeron tomaron tódolos rizos e aínda así racharon velas e paus. Pois Xabier como quen non quere a cousa foi a Rianxo por mar dende Redondela e voltou. A tódolos Encontros que acude vai por mar, e tratandose dunha pequena embarcación penso que a organización de Ferrol e a Federación deberían destacálo.


meu querido amigo Victor,

meu querido amigo Victor, creo que é unha boa idea o de destacar a sua constancia na navegación, eu pola miña parte proporeino na organización de Ferrol, a parte diso decir que hoxe xoves as seis da mañán xa comenzou o seu periplo pla Costa da Morte e as dez da mañan xa estaba pasando Touriñán, o tempo meteorolóxico que leva é tranquilo con ondas de un metro e medio pero mar tendido, a esa hora comenzaba a levantar unha pequena brisa que lle facía pensar que izaría vela pronto, e parece ser que vai tratar de chegar a Malpica.

¡ÁNIMO AVEZADO BALANDRISTA!


A Búrbida pasou polas

A Búrbida pasou polas Sisargas ás 10 da mañán. Debeu de facer noite en Laxe ou Corme.
Xa lle queda pouco para Coruña.


A Búrbida chegou a Coruña

A Búrbida chegou a Coruña aproximadamente as 16.00 h. do venres 29 e, logo de descansar un pouco, seguiu rumbo hacia a ponte do Pedrido onde teñen pensado pasar a noite, para logo pola mañanciña volver a poñer rumbo a A Coruña xuntándose cos barcos que tamen teñen previsto sair de Redes e Ferrol para pasar a Marola xuntos.

Felicidades polo bon remate da travesía.


Dende a Asociación A

Dende a Asociación A Rebouza queremos dar tódolos nosos parabéns a Javier Pereira, companheiro e amigo pola sua grande aventura, chea de moito esforzo, ilusión e valentía. A súa andaina xa comeza fai un par de meses cando vara o seu bote "Búrbida" na Lagoa dos Bébedos e cunha gran adicación prepara a sua nave para a singladura. Os seus companheiros ollamos como tódolos xeráns reparaba e mimaba o seu inseparable bote.
"Boteiro da ensenada da Illa de San Simón" gracias por levares o nome da Portela nunha viaxe tan fermosa.

Doro.
Asociación A Rebouza da Portela


O BÙrbida e a sua

O BÙrbida e a sua tripulación estamos dascansando dende o martes no noso porto base "a Lagoa dos Bébedos". Levamos dous dias reidratándonos tanto a tripulasión como a cuberta deste bote valiente que foi capas de levarnos dende a mas baixa das rías baixas hasta o mar alto que tendes a o norte do paralelo 43.Ha sido unha experiensia moito emosionante e tanto o Burbi como a sua tripulasao queremos daros as grasias polo ben que nos tratástedes. Grasias a todolos amigos mariñeiros, grasias a todos os mariñeiros da fermosa ría do Ferrol, grasias a todos vos que estuvestedes pendientes de nos. Eu vos saudo, eu vos saudo, eu vos saudo. Hasta sempre compsañeiros. Un recordo para PACO BICHO e RAMON LASTRA que xa non poden estar con nós, eu que navegei con eles sinto na miña ialma que non podan seguir con nós. Foron dos millores encontros nos que navegou o Búrbida. Vos, xente de Ferrol o fixechedes posible. Grasias amigos. Hasta sempre.O BÚRBIDA E MAIS A SUA TRIPULASAO A O COMPLETO. REDONDELA A 13 DE XULLO DO 2007.


gracias a ti, e a todos

gracias a ti, e a todos aqueles que asistindo o Encontro de Galicia, onde queira que se celebre, facedes posibel con a vosa presencia que a recuperación do noso patrimonio marítimo e fluvial cada vez sexa menos utopia.
un saúdo o Búrbida,a todos os que asistiron e tamén aos que ficaron para sempre no pensamento.

Manolo (Bacallao)


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos


Comentarios recentes

Mostra de imaxes

A Lui en perigo

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos