VENTA DE DORNA

VENDESE DORNA DE NOVE CUARTAS MENOS DUAS COMPLETA PAR VELEAR, TEN SETE ANOS ,ESTA EN MOI BO ESTADO DE CONSERVACION, A VELA E DE PANO FINO, URGE A VENTA O PREZO E DE 2000E PERO SE ESCOITAN OFERTAS GRACIAS POLA CONTESTACION.

Canto mide en

Canto mide en metros,gracias.

Nove cuartas??? uns... 15

Nove cuartas??? uns... 15 metros aprox.

A ver oh! ninguén llo

A ver oh! ninguén llo explica?

As dornas mídense tradicionalmente por cuartas de quilla. Cuartas de 21 cm.
Pero a quilla da dorna non abrangue toda a eslora. Por popa hai un tercio de lanzamento do casco que a quilla non soporta. E por proa, o inicio da roda interrumpe o cumprimento da quilla.

En definitiva: unha dorna de nove cuartas de quilla ven tendo unha eslora entre perpendiculares de 4,65 m
(aproximandmente).
A dorna do anuncio non ten as nove cuartas, senon nove cuartas menos duas pulgadas; así que ha de rondar os 4,60 m.
É dicir: é unha dorna de medida estandar, similar ás que se poden ver nas regatas e nas fotos de moitas webs e blogues.

Saudos

Dende cando a eslora entre

Dende cando a eslora entre perpendiculares e maior que a eslora total?.

Vicente

Vicnete: e onde di que a

Vicnete:
e onde di que a eslora entre perpendiculares sea maior cá eslora total?

Creo entender na resposta

Creo entender na resposta onde se aclara, moi correctamente o tema das cuartas que identifica a eslora total coa eslora entre perpendiculares, estou nun erro ou é un lapsus do amable informador?.
Vicente

Ola: Entendo que a eslora

Ola:
Entendo que a eslora entre perpendiculares inclue a parte exterior máis prominente de roda (ou proa) e codaste (no noso caso, estampa de popa).
Na eslora totalo iría incluido tamén o temón, que é un elemento desmontable, independente do casco, e a parte de popa da cana, que se proxecta uns cm. máis a popa que o propio temón.
Enténdoo así, xa digo. Pero me someto a criterio mellor ou máis cualificado.

Unha aperta Suso

No se refiere as

No se refiere as perpendiculares de proa e popa, sin mais, senon as perpendiculares da proa e a popa, na liña de flotación, e decir onde se diferencia a obra viva da obra morta.

Un cordial saludo. Vicente

Dentro do concepto de

Dentro do concepto de líneas de referencia do casco está a eslora entre perpendiculares, para calculala teremos en conta a línea de flotación e esta nos barcos é a chamada línea de verano que marca o disco Plimsoll, seguindo este concepto e xa que a dorna non é un barco que leve o referido disco, podemos supoñer que a línea de verán coincidirá ca línea de flotación.
A línea de flotación e a línea do casco que separa a parte seca da mollada, supoñendo que o barco está a flotar en augas quedas, ou tamén a intersección do casco co plano de flotación.
Chámase perpendicular de proa a vertical trazada pola cara exterior da roda a altura da línea de flotación.
Cámase perpendicular de popa a vertical trazada pola cara de popa do codaste, nos barcos de timón ordinario; se o barco ten timón compensado, o ten dúas hélices, a perpendicular de popa coin cide co eixe da mecha do timón.
Eslora máxima e a distancia entre perpendiculares a línea de flotación trazada dende os puntos mais salentes na proa e na popa.
Eslora de flotación e a lonxitude do eixo lonxitudinal de flotación.
Despois tamén hai eslora de clasificación, de rexistro, de franco bordo, de compartimentado, de aqueo, inundable, etc.
¿De que eslora estamos a falar na dorna para saber canto ten unha que lle votei o ollo nun almacén?

Bueno, haber si así xa

Bueno, haber si así xa sabemos algo mais da eslora :). Pero bueno, estas cousa aparte, cando falamos da eslora de unha dorna, collendo o metro e medindo de proa a popa, unha de 9 cuartas, medida por fora da proa, pode andar en 4,65 + ou -. Despois para que non teñamos dubidas nas regatas midese pola patre interior da proa e ata a intersección da estampa coa .... xa falado.

Vicente

Non sei se segue a venda a

Non sei se segue a venda a dorna. Onde se atopa? Está matriculada en 7ª lista?

Graciñas.

Me interesa falar contigo,

Me interesa falar contigo, meu telefono e 607572398.
Busco unha dorna con vela de tamaño estandar.
Un saudo

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.