Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

ENCONTRO ABERTO DE BLOGERS DE CM

Apresentámosvos o documento que serve para debatir e deliberar aos organizadores do ENCONTRO ABERTO DE BLOGERS DE CM, e que ten suscitado o suficiente grao de consenso, aínda que non é definitivo.

ENCONTRO ABERTO DE BLOGERS DE CULTURA MARIÑEIRA

Introducción: difusión da cultura mariñeira na rede

As entidades integradas na Federación Galega da Cultura Mariñeira e Fluvial pulan pola defensa, socialización e posta en valor do patrimonio material e inmaterial da Cultura Mariñeira e Fluvial de forma organizada.
Unha das angueiras desde a creación da FGCMF é a difusión das actividades da propia FGCMF e das asociacións integrantes, e dunha visión aberta da cultura mariñeira polo que o aproveitamento das novas tecnoloxías da información na consecución deste obxectivo vislúbrase como unha ferramenta útil.

Actividade: reunírmonos para fomentar o mutuo coñecemento e o diálogo

Integrado no Programa de Actividades do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia os blogers de CM activos impulsamos o ENCONTRO ABERTO DE BLOGERS DE CULTURA MARIÑEIRA coa intención de establecer vínculos e canles de colaboración entre nós mesmos, e ao mesmo tempo asumir como tarefa común o apoio á difusión do uso de blogs no seno do tecido asociativo que compón á FGCMF.

Esquema do Encontro de Blogers de CM: ponencias libres e debate.

1-Apresentación do Encontro por parte do webmaster do sitio web oficial da FGCMF.
2-Intervención das e dos blogers de cultura mariñeira e blogers convidados e convidadas de non máis de dez minutos, expoñendo e compatindo aquelas consideracións que eles mesmos consideren interesantes.
3-Debate entre os/as Blogers.
4-Debate aberto ao público.
O encontro de blogers é aberto podendo participar en calidade de ponente toda persoa que solicite a súa participación a calquera dos blogers de cultura mariñeira que asumen a responsabilidade da organización da actividade.

Lugar e data de celebración: 7 ou 8 de xullo no Local da A.VV. Ferrol Vello

O Encontro de Blogers de CM realizarase nunha xornada a decidir pola organización do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais os días sábado 7 ou domingo 8 de Xullo de 2007. O lugar de celebración será o Local da Asociación de Veciños “Ferrol Vello”, habilitado con conexión a Internet e un proxector que permita aos/ás ponentes apoiar as súas intervencións en imaxes obtidas dos ordenadores conectados á rede.

Obxectivo: máis argonautas da CM a difundir na rede en colusión.

Os blogs son ferramentas de comunicación interactiva en tempo real cun uso social crecente que facilitan a creación de redes sociais horizontais, e que facilitan o fluxo non xerárquico de información e concretamente no ámbito social da cultura mariñeira poden constituirse en elementos que proporcionen unha maior cohesión e coñecemento mutuo dos diversos proxectos e iniciativas.
Partindo de recoñecer a exigua presencia do ámbito social da cultura mariñeira na blogosfera, que neste momento se reduce a tres blogs activos, o percorrido é moi amplio se partimos da consideración de que son perto de corenta os colectivos articulados na FGCMF, e que non é necesario detraer recursos económicos doutras actividades da asociación para a posta en funcionamento dun blog.

Blogers Organizadores: compartirmos vento mareiro na rede.
Lino Prieto, bloger de Amigos da Dorna Meca
http://dornameca.blogspot.com/ , da Asociación Amigos da Dorna Meca de O Grobe (Ría de Arousa ).
Nacho Jorganes, bloger de Lajareu
http://lajareu.blogspot.com/ da Asociación Lajareu por Barlovento de Ribeira (Ría de Arousa).
Moncho Bouzas, bloger de Singradura da Relinga http://singraduradarelinga.blogspot.com/ , do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro (Ría de Muros e Noia)

Amigas e amigos da cultura mariñeira, se queredes aínda estades a tempo de incorporarvos a este proxecto. Pola nosa parte animámosvos a que así o fagades, e senón cando menos facédenos chegar as vosas suxerencias ou opinións ou mesmo críticas, porque a vosa opinión é importante e tende por seguro que será tida en consideración.
Podédesnolas facer chegar a través deste foro ou tamén ao nosos blogs.
Grazas de antemán e recibide un saúdo mariñeiro.
Asdo: Moncho Bouzas, membro do grupo de cultura mariñeira da A.C. O Xeito.


Se admiten blogers de otros

Se admiten blogers de otros sitios?


Si, rotundamente sí.

Si, rotundamente sí. Ttátase dun Encontro Aberto de Blogers, non hai limitacións no que á orixe dos participantes se refire. Cantos máis mellor e canto máis lonxe mellor, sempre e cando o tema a tratar sexa a cultura mariñeira e fluvial.
Se queres participar tes as portas abertas, non sei porque tes esa dúbida.
Un saúdo mariñeiro


Eu pregúntome tamén: só

Eu pregúntome tamén: só "bloggers"?... enténdese entón que o que ata o de agora se chamaba ter un sitio web persoal -ou non- non teñen cabida no couto dos "bloggers"?


Amigo: Este asunto é tan

Amigo:
Este asunto é tan enrevesado como ti queiras facelo, se só te fixas na verba "bloggers" pode surxir ese plantexamento, pero se tamén te fixas na anterior "aberto" ves que a dúbida se esvae.
O do "blogger" é unha etiqueta coma outra calquera: ás páxinas persoais que se coñecen por blog, se a aloxas en hotmail chamase "webspace", segundo contido pode ser "fotolog" ou "weblog", eu simplemente chámolle "web".
En fin que o que queira participar é benvido como queda expresado no documento co que bota a andar esta iniciativa, trátase de unir e non de dividir.
Apertas


Comentan da organización

Comentan da organización que o Encontro de Bloggers será o
SABADO 7 ÁS 19:00
Disculpas polos inconvintes, pero coidan que será mellor día e hora.


Sábado 7 ás 19:00 horas

Sábado 7 ás 19:00 horas


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos


Comentarios recentes

Mostra de imaxes

regata feminina

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos