Neste momento estase a traballar no Parlamento Español na nova Lei de navegación marítima, que na súa redacción actual non contempla a existencia das embarcacións tradicionais nin históricas.
A partir das xornadas sobre barcos históricos que tiveron lugar no Museo Marítimo de Barcelona recentemente, coa axuda de Jaime Rodrigo, avogado, profesor de dereito marítimo e presidente da Sección de dereito marítimo do Colexio de Avogados de Barcelona, e coa participación da FGCMF, procedeuse a redactar unha enmenda que de ser aceptada fará que por primeira vez se contemple a existencia das embarcacións tradicionais e históricas na lexislación española.
Desde as federacións galega, catalana e andaluza contactouse cos partidos políticos con representación parlamentaria para que apoien a enmenda e en principio todos os partidos parecen favorables.
Achegámosvos os tres documentos que neste momento xa están en poder dos parlamentarios:
- O texto da enmenda
- Unha xustificación legal da necesidade desa regulación específica para as embarcacións tradicionais de España en base á comparativa da lexislación con outros paises europeos.
- A aportación que dende Galicia facemos para contextualizar a realidade actual do patrimonio marítimo español e especialmente as embarcacións tradicionais.


A primeira frase da emenda
A primeira frase da emenda (Porque con ella nos ponemos a la altura del resto de países europeos en temas como la protección del patrimonio cultural marítimo) é fundamental. Debemos ser dos poucos, senón o único país de Europa que carece dunha normativa que non contempla este tipo de embarcacións...
E, postos a comparar, se hai un Regulamento de Vehículos Históricos, por que non de embarcacións?