Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Coruxo 1995. A revista do II Encontro

| | |

Acabamos de subir un pdf (13 MB) da Revista do II Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tivo lugar en Coruxo no 1995, hai doce anos.
Nela hai artigos de importantes expertos como Staffan Mörling, Eliseo Alonso, Juan Carlos Árbex, Dionisío Pereira ou Octávio Lixa Filgueiras, entre moitos outros. E tamén artigos moi interesantes sobre a dorna Meca, a construcción da vela da gamela, etc. Esta revista está completamente agotada, e é moi dificil de conseguir polo que agradecemos a Lino Prieto o traballo de escanear as 56 páxinas da revista.


Como enamorado da nosa

Como enamorado da nosa cultura marítima, e como socio activo da Asociación de mariñeiros San Miguel de Bouzas, quero enviar a miña mais sincera felicitacion a Lino Prieto polo traballo (un mais) de escanear e colgar na paxina da federación a revista dos II encontros de embarcación tradicionais celebrados no ano 1995 na praia de Coruxo en Vigo.
Eu non sou quen para animar a ningen a recuperar estas revistas, boletíns e incluso libros que por encontranse esgotados e dificil conseguilos pero si deciros que como a min hay moita xente interesada en eles, polo que saivades que vos estaremos muy agradecidos na súa "reeditación ".
Un saudo mariñeiro desde Bouzas.


Ola Antonio: O traballo xa

Ola Antonio:
O traballo xa pagou a pena con ver que hai máis de unha persoa interesada nel. foron unhas cantas horas de domingo, pero aí queda.
Saúde e gracias:
Lino


Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.

Destacamos


Comentarios recentes

Próximos eventos

Mostra de imaxes

Navegando III

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos