Encontro de Blogers de cultura mariñeira
Neste días estamos a cruzarnos correos os blogers de cultura mariñeira coa intención de consensuar os plantexamentos de fondo e ideas a transmitir de cara a un pretendido "Encontros de blogers de cultura mariñeira".
Xa temos establecidos os primeiros contactos coa organización dos encontros para que inclúan no programa de actividades o "Encontro de blogers" e de entrada a proposta é ben acollida.
De todas formas o que está claro é que non imos darlle maís traballo á organización senón que a nosa intención é realizar unha achega coa ilusión de axudar ao mellor desenvolvemento conxunto dos encontros.
Así, a organización encargariase da intendencia, basicamente buscar un local con conexión a internet e cun proxector, mais de todo o resto escargarémonos os blogers.
Neste momento blogers de cultura mariñeira somos mais ben poucos e do que se trata é de que nun futuro sexamos máis.
O encontro será aberto a toda persoa que queira participar, o que queira incorpararse ao proxecto do Encontro de Blogers neste momento ten a oportunidade de facelo desde o inicio aportando opinións no momento no que se están sentando as bases en calidade de promotor do encontro.
Se che interesa contacta conmigo:
-no meu e-mail: monchobouzas@gmail.com
-no noso blog:
http://singraduradarelinga.blogspot.com/
Veña, sen máis animarvos a participar e enviarvos un saúdo mariñeiro.











Comentarios recentes
hai 2 horas 7 min
hai 2 días 7 horas
hai 2 días 9 horas
hai 1 semana 5 días
hai 1 semana 6 días
hai 1 semana 6 días
hai semanas 5 días
hai semanas 2 días
hai semanas 3 días
hai semanas 4 días