Exponav. Exposición Nacional da Construción Naval
En Ferrol, no edificio de Herrerías, ten a súa sede Exponav, a Exposición Nacional da Construción Naval.
Un museo/exposición adicado a recoller e mostrar o que foi e é a construción naval nos últimos séculos.
Inaugurada a mediados do pasado ano, acaba de abrir o seu sitio web.
Este web ofrece unha información moi completa sobre todo o proxecto, sobre a Fundación Exponav, sobre o edificio que alberga a exposición, e sobre os fondos que se mostran.
É especialmente destacable a gran cantidade de fotografías dos materiais expostos, que nos permiten facernos unha idea do que se pode ver se se visita a exposición.
Un moi recomendable web, e un bo recurso para preparar unha visita á Exponav.











Ahora no inverno unha visita o Exponav
recomendo unha visita, e si tes oportunidade de poder guiarte por algun membro da fundación Que tan amablemente
nos atenderon mostrando e explicando todo o que é a construción naval.Sorprendese un,por exemplo : as talas e repoblacións forestais ata mediados do siglo XIX dependian da marina porque era moita a madeira que se demandaba para
a construción dos barcos. Como a maqueta de Astillero
(Santander) cos seus secaderos,astilleros,serraderos,etc, de ahi ven o nome do pobo. E o propio edificio de Herrerías
cos seus teitos abóvedados.