Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
logo

Xa hai inscritos máis de 100 barcos

|

A data de hoxe xa son máis de 100 os barcos inscritos para o IX Encontro.
Como sabedes no formulario de inscrición aparece como data límite o día de hoxe, 30 de xuño. Esto é así para facilitar a labor dos organizadores, pero en caso de que alguén queira asistir e non poidese confirmalo antes de hoxe pode contactar coa organización e intentarase buscar unha solución.


Dorna Meca na prensa

|


Os Amigos da Dorna Meca sairon hoxe no Faro de Vigo con motivo da súa iniciativa para dinamizar a Meca.
Xa hai un teléfono para apuntarse para navegar, o 670 84 64 03, e é obligado posuir o seguro de navegante da FGCMF (ou algun outro seguro persoal de accidentes), levar roupa de abrigo e gañas de aprender e disfrutar dunha tarde a bordo da Meca.
Por outro lado, a Meca partirá mañán para Muros, e a principio da semana vindeira será o Racú quen o faga.


Rosa Quintana inaugura hoxe as exposicións do IX Encontro

| |

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Víctor Fernández, inaugurará o hoxe, venres 3 de xullo, ás 19.30h. na capela de San Xosé de Muros (a Coruña), dúas exposicións que dan inicio aos actos de presentación do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar do 9 ao 12 de xullo nesa vila. Acompañando a Quintana e Fernández estarán o presidente do Comité Organizador do Encontro, Manuel Sendón; o alcalde de Muros, Domingos Dosil; o alcalde de Carnota, José Oreiro; e diferentes representantes das confrarías de pescadores da comarca.

As exposicións que inaugura hoxe a conselleira amosaranse na sala de exposicións e na capela de San Xosé de Muros. A primeira, do pretixioso investigador sueco Staffan Môrling, leva o título de Illa de Ons: unha cultura unha identidade. A segunda céntrase no Patrimonio Marítimo de Muros e Carnota.


De Catro a Catro en Portocubelo

| |


Mañán 4 de xullo ás 12:00 h vai ter lugar no local da Confraría de Pescadores en Portocubelo, Lira, un Recital poético-musical De Catro a Catro, polo trío Ouriol, formado pola poeta Eva Veiga e os músicos Bernardo Martínez e Fito Ares.
A esa mesma hora van arribar a Portocubelo algúns dos barcos grandes que participarán no IX Encontro.


Botadura da buceta de Abelleira

|

Os veciños de Abelleira van botar o seu novo barco o sábado 4 ás 12:30h, ainda que a festa empezará antes cunha comitiva que acompañará á buceta desde o lugar onde foi construida ata o peirao de Sorribos.
Haberá unha exposición fotográfica e proxección dun DVD cos traballos da A.VV. A Ostreira. Logo haberá un xantar.
O acceso con coche ao peirao está prohibido para facilitar a celebración.
A festa vai ser moito máis que unha simple botadura, mirade o programa e o blog dos Mareáns de Abelleira.


Exposicións no IX Encontro

| |

No IX Encontro están previstas tres grandes exposicións: unha tratará sobre o Patrimonio Marítimo de Muros e Carnota, outra será Illa de Ons: unha cultura unha identidade, de Staffan Môrling, e por último As embarcacións tradicionais de Lorbé e Ribadeo.
Ademais destas exposicións haberá un pavillón adicado aos museos e tamén terán o seu lugar pequenas exposicións de distintos colectivos.


Os barcos grandes da ACD Dorna parten mañán para Muros

| |


Mañán polas 07:30h partirán da Ribeira do Chazo, na Illa de Arousa, os tres barcos grandes da ACD Dorna.
Contan con chegar a Muros pola tarde, para poder participar as tripulacións nos actos previos ao IX Encontro.
Nesta travesía participarán a Nova Marina, a Peza de Rabo, e a Irmandiña, que podedes ver na foto de arriba nuha travesía Aldán-Ons.
(Foto tomada do blog da ACD Dorna)


Este sábado as dornas de Riveira navegarán cara Muros


No blog de Lajareu podedes ler un magnífico post sobre unha fermosa iniciativa, recuperar a Ruta das Dornas de Riveira.
As dornas de Riveira, no verán, aproveitaban os ventos dominantes do nordés e noroeste para ir pescar a Monte Louro ou Fisterra.
Este sábado, 4 de xullo, varias dornas de Riveira volverán sair da ría cara Monte Louro e logo a Muros. A saida está prevista para a mañanciña, sobre as 07:00h, de forma que as 11:00h estén fora da ría.
Posiblemente atoparanse cos barcos de Bouzas, outros do sur e a Rabandeira de Vilanova que tamén teñen previsto subir a Muros o mesmo sábado 4.


Suspendida a XXV Volta á Illa

| |

Por causa do vento o xuíz de regata tomou a dificil decisión de suspender a XXV Volta á Illa o pasado sábado 27.
Ainda que a participación foi de record, 62 dornas, a seguridade dos participantes aconsellou a suspensión.
Máis información no blog de ACD Dorna


Crónica da botadura do Coruxo

|

Amiga Atlántica acaba de publicar no seu blog Una mirada a la ria de Vigo unha moi boa crónica sobre a botadura do galeón Coruxo, construido pola Escola Taller Mar de Vigo.


Destacamos

Comentarios recentes

Próximos eventos

Mostra de imaxes

O grove97-6

Enlaces

Subscribir

Distribuir contido

Apoiamos