Tempos revoltos no sector da pesca. O 7 de maio, manifestación en Compostela. Falamos con Conchi Ortega, de Espadeiros Guardeses, e con Joaquín Cadilla, de ORPAGU.
“Pescada pequena a 5 céntimos de euro o quilo na Coruña. O peixe espada, a 3 euros.
Necesítanse con urxencia axudas para o combustible. Piden beneficios fiscais.
Negociación xa aberta co Ministerio, á espera da súa resposta”
Tras oír as incidencias que o Plan de Portos Deportivos podería ter nunha vila do sur como Bueu, chamamos ao patrón maior da confraría de Cedeira, Agustín Pérez, para saber como se estaba recibindo máis cara ao norte, alá onde teñen case aprobada a reserva mariña e se teñen mobilizado xa en contra do proxecto de porto deportivo…
Tras coñecer da man dun dos seus redactores o Plan de Portos Deportivos que manexa Portos de Galicia, puxémonos en contacto co voceiro da Plataforma ambiental Anduxía, Suso Framil, que nos explica as incidencias que este plan podería ter en Bueu e no resto de Galicia.
“O teu pai marchou para Arxentina con 16 anos, xa era todo un home, logo.
Finalmente apareceron mapoulas pola parroquia de Cela.
Tempo tolo, chovendo a destempo. Xosé Manuel Budiño, Paralaia”
O dos piratas non é algo novo. Xa en Mil Ribeiras falaramos con mariñeiros que contaran experiencias de intentos de abordaxe, non só en Somalia, senón tamén en Indonesia, Bangladesh…
Para afondar nos comezos, nos riscos reais e no futuro da frota galega neses afastados mares, falamos co vicepresidente da Confederación Española de Armadores, o guardés Joaquín Cadilla.
Ante a volta á actualidade da necesidade de fomentar a investigación e o emprendemento e a recuperación de cerebros galegos fugados ao exterior, puxémonos en contacto cun deles que viña de presentar o proxecto de Plan Director dos Portos Deportivos de Galicia. Falamos con Fernando López Mera, xerente de Aquática Ingeniería Civil.
“Formado na Coruña, marchou por estudos a Cantabria. Volveu e creou a súa empresa
de enxeñaría civil ligada a proxectos acuáticos. Ao comezo, proxectos para o estranxeiro.
Agora xa van saíndo proxectos en Galicia.
Un deles, acabado de presentar: plan director de portos deportivos para
Portos de Galicia. De cara ao 2020: duplicar os puntos de atraque,
de 12000 a 24000.
Crecemento do 5% anual. Con enfoque ambientalista:
aproveitando os recursos que existen, sen tocar a costa virxe.
O plan está aínda en consulta pública.
Para xente preparada, co sempre necesario esforzo comercial, si hai sitio en Galicia”.
Ante as protestas das redeiras de baixura, a Xunta aprobou unha liña de axudas para este colectivo. Falamos coa presidenta da Federación Galega de Redeiras O Peirao, Evangelina Martínez, para coñecer os problemas desta profesión.
“Intrusismo: xente xubilada ou outras mulleres que traballan de xeito ilegal.
700 traballadoras legais. Pero o instrusismo obrígaas a traballar por salarios baixísimos,
arredor dos 3 euros á hora.
Estes problemas non acontecen cos redeiros, que fan as redes para os aparellos de altura
e adoitan estar contratados”.
No Hío, á hora na que se emitía o programa, estaban xuntándose case un cento de mariñeiros xubilados que andaran ao bacallau en Terranova. Falamos co organizador ca comida, Antonio Carballo.
“No Restaurante o Pereiro, do Hío. Este ano, dedicado aos mariñeiros falecidos.
Vén convidado o Padre Joseba, desde Euskadi.
Eu traballei na parella Arosa 14 e Arosa 15.
Nos 70, andaban 72 parellas en Terranova.
Condicións extremas, moita confraternidade, respecto mutuo, moi boas tripulacións. Chouteira, Polo canto das sereas”.
Nova entrega deste pedaciño de carta para unha galega nada en Buenos Aires: María Isabel.
“Ata os anos 60 non había bateas na ría de Pontevedra.
Antes, prácticabanse as artes xábegas:
en Area de Bon, A Banda do Río, Loureiro e Portomaior.
moito esforzo físico, tripulacións moi novas: era a escola do mar.
Carlos Núñez, O val de Arán”.