O Club do Mar Ferrol é un club de carácter deportivo e cultural creado no ano 1992 e que na actualidade conta con máis de 1000 socios. Organizase en seccións para levar a cabo as diferentes actividades relacionadas co mar:
- Pesca deportiva. Dedícase a tramitar licenzas de pesca, seguros de embarcacións e a organizar campionatos de pesca de lecer.
- Vela cruceiro e olímpica. Organiza regatas, escola de vela e cursos co fin de obter distintos títulos deportivos.
- Mergullo. Organiza campionatos de fotografía submarina, limpeza de fondos do litoral mariño en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural e no ano 2007, en colaboración coa Estación Biolóxica da Graña que pertence á Universidade de Santiago, están dedicados ao cambio de localización dunha colonia de gorgonias que estaban a piques de desaparecer por causa das obras que se están a realizar no porto exterior.
- Pesca submarina. Ao longo de todo o ano realizan campionatos desta modalidade de pesca.
- Sección de pantaláns. Dedícase en colaboración con a Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao á xestión, conservación e mantemento de 480 amarres, conservación de carros varadoiros, ramplas, guindastres de varada, mariña seca, pañol de ferramentas e taller.
- Vela tradicional. Organizadora do VIII Encontro, agrupa ós entusiastas das tradicións mariñeiras, participando en regatas, certames e exhibicións coas suas embarcacións recuperadas ou construídas ó vello estilo.
(C) Club do Mar Ferrol. Permitida a copia do contido deste artigo e permitidos os cambios que non alteren o seu sentido ou significado.







