Polo sinalado, e á marxe de aspectos máis lúdicos, haberá en Ferrol:
- Dinamización de buques: recorrida das embarcacións dende o Sur, en etapas que posibiliten embarcar tripulacións. Participación de representacións de diferentes comunidades, de embarcacións "clásicas" da Armada española, presencia de embarcacións significativas da súa cultura marítima, con La Recouvrance como chamarís. Navegación, regatas, travesías, exhibicións.
- Xornadas técnicas: colaborando a FGCMF, Colexio de Enxeñeiros Navais, Universidade Politécnica de Ferrol-Coruña, Consellarías de Pesca e Industria, Ministerio de Fomento; tratarán da lexislación e normativas a aplicar ás embarcacións tradicionais. Asemade, haberá un encontro de mestres de ribeira.
- Exposicións: pavillón con presenza dos museos marítimos galegos, os de Douarnenez, La Rochelle, Untzi Museoa, do Cantabrico, de Luanco, da Armada Española, do Pobo Galego, ...; de bibliografía e cartografía marítimas. No mesmo pavillón ou noutro haberá espazos para as asociacións, agardando que a estrela sexa a exposición da propia FGCMF.
- Obradoiros: cestería, redes, nós, maquetismo, carpintería de ribeira.







