FERROL, 5, 6, 7 e 8 de Xullo de 2007
Este será o primeiro Encontro no Norte de Galiza; gozando da experiencia dos anteriores, queremos centrar a nosa acción en ampliar o coñecemento entre as diferentes terras do Arco Atlántico europeo, por mor de -como vimos facendo- recuperar, manter e pór en valor o patrimonio marítimo mediante o coñecemento, o intercambio e unha mellor coordenación, que terán neste VIII Encontro de Ferrol un dos seus chanzos, camiño de Brest-2008.
Para nós é unha fachenda que a FGCMF nos fixera o honor de confiar no Club do Mar de Ferrol para organizar e desenvolver este VIIIº Encontro, o primeiro que se realizará ao norte de Fisterra, e que coidamos servirán para dar conta unha vez máis da potencia patrimonial do mar galego e para activar ás asociacións, institucións e persoas que de Prioriño cara ao Norte e Nordeste teiman por defender a nosa cultura marítima.
Para que todas as actividades do VIII Encontro sexan posibles, colaboran con nós:
- Xunta de Galicia a través de: Consellería de Cultura (Fundación Deporte Galego), Consellería de Innovación, Industria e Turismo e Consellería de Pesca.
- Deputación da Coruña.
- Concello de Ferrol a través do Padroado de Deportes.
- Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.
- Armada Española.
- Plan de Dinamización de Produto Turístico Ferrol-Ortegal.
Convidamos a todos e todas a acudir ao VIIIº Encontro Ferrol 2007, prólogo de Brest 2008.
Para o que desexedes ou precisedes, podedes poñervos en contacto con nós no enderezo electrónico: ferrol2007@culturamaritima.org ou no teléfonos 981359406 ou 646051427







