Cambados 05

O VIIº Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrouse este ano na vila de Cambados.

O Mediterraneo foi o Convidado de Honra. Supoñía un paso mais na creación da Confederación Iberica: Cataláns, Levantinos, Murcianos e Andaluces responderon positivamente e por vez primeira poidemos ver nun encontro Botes do Mediterraneo, Llauts ou Lanchas de Javega, navegar con Bateis, Traiñeiras ou mesmo un Moliceiro que veu dende Aveiro..
Confirmabase tamén Portugal como un fiel amigo que asiste dende Lisboa percorrendo a costa e achegando o seu patrimonio.
Desenvolvéronse con gran éxito actuacións musicais, baile tradicional, noites folk, cantigas de mar e taberna, conta contos, talleres-obradoiros, obradoiros para nenos e nenas, ou o emotivo recital da poesía do mar
En colaboración coa Universidade de Santiago leváronse a cabo unhas xornadas sobre cultura marítima participando entre outros, os arquitectos Antonio García Fernández, Plácido Lizancos e Xosé Luís Varela Alén, o Director de Departamento de Ciencia Política e da Administración da USC, Xosé Luís Barreiro Rivas, o escritor Manolo Rivas, o académico Francisco Fernández Rey, Isabel Calzadilla, directora de Portos, Ramón Villares, catedrático de Historia Contemporánea e Rafael Louzán, Presidente da Deputación de Pontevedra.
As museos e parte das exposicións estiveron situadas dentro das antigas fábricas de conserva da vila, dándolles así, de novo, un protagonismo salientable. Logo maquetismo, malecoloxía e un amplo abano de tematica expositiva. Os alumnos da Escola de Belas Artes de Pontevedra, traballaron arreo para facer o mural do Encontro.
Será recordado Cambados pola gran riqueza de tipoloxías que arribaron e pola forza do vento que fixo que algunhas embarcacións participantes tiveran que buscar abrigo no camiño, e ata o sabado onde amainou un pouco, non se poido navegar.