Agradecemento

Definir nunha imaxe o VIIIº Encontro de Embarcacións de Galicia, non e doada tarefa.

Os que estivemos na organización non tivemos moito tempo para "estar" e gozar da vosa presencia, mais preocupados de que os verdadeiros protagonistas, vos sentirades, (salvando as distancias), como na casa.

O esforzo persoal e asociativo para asistir a estes eventos, ben por mar ou por terra; costa vacacións, diñeiro e tempo de estar con a familia e os amigos.

Gracias e tamén nouraboa, a quen gozou do encontro mais importante; o intercambio entre culturas que é fonte da sabedoría e berce da tolerancia.

Gracias tamén as institucións que con o seu apoio fixeron posíbel o VIIIº Encontro.

Como queira que estas foron sobradamente nomeadas, non quixera que esta páxina se pechara, sen agradecer de maneira especial aquelas persoas que contribuíron, algunhas de xeito fundamental, no seu desenrolo como foron : Pablo Carrera (Director do Museo do Mar de Galicia), a Bernardo Cuétara , a Choni, a Regino e Xocas (web) a Jorgito, Cuquin, Carlocho, os Patiños, a Manel, a Tete a Ana Martín (prensa), as rapazas/es de organización, a Pio e Toti (cociña) a Marisol, o persoal do hospital naval e o seu director, a Luciano (concello de Narón), a Mariano (Concello de Cangas), o Club Marítimo de Redes (Cabrias), a Os Mariñeiros de Bouzas (Faluchos) a Samuel (contacto Açores) a Lois (Vieiros), a Juan Ramón (Cabazo) a José e Ruzo (vídeo e fotografía), Xurxo Souto ,a xente de apoio no mar, os esquecidos neste escrito, a paciencia... E por suposto a todas as xentes que nos visitaron en estes días.

 
 

E tamén pedir desculpas por se algún dos erros afectase de grave maneira a quen os tivera sufrido.

En liñas xerais creo que o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, gracias a tódalas asociacións e cada unha das persoas que dende a súa primeira edición aló polo 1993 traballaron en este fermoso a vez que serio e reivindicativo proxecto, alcanza en Ferrol 2007 un grao de madurez e importancia dentro da cultura marítima non só da península senón da Europa, que ven merece por parte das institucións a consideración en declaralo, "Festa de Interese Turístico e Cultural de Galicia", con o que esto supón a nivel orzamentario.

¿A imaxe do encontro para min? "Unha aperta"

Saúdos e bo vento.

 
    Manuel Alonso (Bacallao)
Coordinador do VIIIº Encontro
 
      _