|
01/07/2007 Lanchas de Mugardos: Hoxe por Coruxeiras circulaba o panfleto cos horarios da Lancha De Mugardos, que estará activa do 22 de Xuño ó 15 de Setembro. Así que poderemos disfrutar dela no VIII Encontro.
Os horarios dende Ferrol son de 11:00 a 20:00, cada hora e dende Mugardos de 11:30 a 20:30, tamén cada hora. (3€ por billete)
Ademáis, con saida de Ferrol, hai Paseos pola Ría de Ferrol, de 1h, ás 12,13,16,17,18 e 19h a 7€ o billete.
Para os que veñan sin barco, a lancha é unha boa maneira de disfrutar dun paseo polo mar e ver as embarcacións.
|
|

|
|
01/07/2007 Instalados os pantaláns para amarres ata 6m de eslora: Noviños e ben guapos. Dous pantaláns de 3x60m e un traveseiro están xa dispostos para que amarren as embarcacións que se vaian achegando a Ferrol. Esta tarde xa quedaban alí tres barcos amarrados.
Comentan os que xa os probaron que son un pouco altos, hai que vir provistos de defensas e xa se está a pensar nunha solución.
|
|

|