VIII Encontro De Embarcacións Tradicionais de Galicia

FERROL, 5, 6, 7 e 8 de Xullo de 2007

Este será o primeiro Encontro no Norte de Galiza; gozando da experiencia dos anteriores, queremos centrar a nosa acción en ampliar o coñecemento entre as diferentes terras do Arco Atlántico europeo, por mor de -como vimos facendo- recuperar, manter e pór en valor o patrimonio marítimo mediante o coñecemento, o intercambio e unha mellor coordenación, que terán neste VIII Encontro de Ferrol un dos seus chanzos, camiño de Brest-2008.

Para nós é unha fachenda que a FGCMF nos fixera o honor de confiar no Club do Mar de Ferrol para organizar e desenvolver este VIIIº Encontro, o primeiro que se realizará ao norte de Fisterra, e que coidamos servirán para dar conta unha vez máis da potencia patrimonial do mar galego e para activar ás asociacións, institucións e persoas que de Prioriño cara ao Norte e Nordeste teiman por defender a nosa cultura marítima.

Para que todas as actividades do VIII Encontro sexan posibles, colaboran con nós:

  • Xunta de Galicia a través de: Consellería de Cultura (Fundación Deporte Galego), Consellería de Innovación, Industria e Turismo e Consellería de Pesca.

  • Deputación da Coruña.

  • Concello de Ferrol a través do Padroado de Deportes.

  • Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

  • Armada Española.

  • Plan de Dinamización de Produto Turístico Ferrol-Ortegal.

 

Convidamos a todos e todas a acudir ao VIIIº Encontro Ferrol 2007, prólogo de Brest 2008.

Para o que desexedes ou precisedes, podedes poñervos en contacto con nós no enderezo electrónico: ferrol2007@culturamaritima.org ou no teléfonos 981359406 ou 646051427

 


Random image

Imaxe 132

Languages

Organized by


Patrocinan







Colaboran