Vela Tradicional no Club do Mar Ferrol

A mediados dos anos setenta xurde en Ferrol, por parte dun grupo de amigos amantes das embarcacións tradicionais, un gran interese pola navegación neste tipo de embarcacións. Ao mesmo tempo recíbese en Ferrol a embarcación de coiro denominada Breogán que pretendía facer a ruta Galicia–Irlanda englobada dentro dun proxecto de recuperación de antigas rutas.

Durante os anos oitenta séguense a recuperar embarcacións tradicionais facendo pequenas concentracións nas praias de Canelas, San Cristobo, O Couto,... algunhas veces competindo entre elas.

O aparellamento mellora, recuperándose o sistema tradicional e eliminando, na medida do posible, plásticos e outros materiais modernos. E o que empezou sendo unha xuntanza de amigos, Operación Acougo,así lle dabamos en chamar, co paso dos anos, converteuse nunha concentración anual onde participan, ademais das embarcacións da ría de Ferrol, outras procedentes de A Illa de Arousa, Vila do Conde, Viana do Castelo, O Grove, Cambados, Portonovo, Redes, A Coruña, Ares, Miño, Perbes e Pontedeume

En 1992 créase o Club do Mar que se divide en diferentes seccións. Unha delas, a sección de vela, inclúe a este grupo de embarcacións. No ano seguinte, en 1993, organízase a primeira regata de vela tradicional chamada Iª Regata de Vela Clásica Parrocheira 1993. A partir dese momento, cada ano celebramos unha nova edición. No 2006 foi a número catorce. Ao mesmo tempo promovéronse regatas de embarcacións tradicionais nos portos ferroláns de Cariño, A Graña, A Cabana e Caranza, e concentracións en peiraos da ría como S. Felipe, O Seixo e Mugardos.

En 1997, e xa formando parte da FGCM, participamos con tres embarcacións (Enxebre, O Pequeno e O Galeón) e unha exposición de maquetas, no Encontro do Grove.

En 1999, no Encontro de Rianxo, levamos catro embarcacións (O Galeón, Nordés, Maite e Oscar) e unha exposición.

En 2001, no de Combarro, en Poio, cinco embarcacións (Maite, María AD, Pajarito, O Pequeno e Oscar). Levan a nosa representación.

Recibimos e organizamos a navegación pola zona da nosa influenza de tres embarcacións de coiro do proxecto Sant Efland que viñan navegando desde Irlanda, Bretaña francesa e País Vasco en dirección a Combarro.

No ano 2002 participa unha embarcación, o Oscar, na Volta a Illa de Arousa.

En 2003 no Encontro da Illa de Arousa, a nosa presenza estivo representada con cinco barcos Galeón, Enxebre, Maria AD, Pajarito, e Oscar).

Recibindo en Ferrol o Brokoa boniteiro vasco francés que foi navegando a remo e vela dende a Illa de Arousa o seu porto base en Sokoa (San Juan de Luz, Francia), con tripulantes galegos e franceses,un deles do noso club.

A Parrocheira de este ano alberga a exposición da nosa federación aparte da regata. Este mesmo ano unha embarcación gobernada por membros do noso club participa nunha curtametraxe portuguesa en Malpica.

Participan tamén xentes do noso club na Volta a Illa de Arousa con unha buceta da AC.Dorna. No 2004, duas embarcacións (Nordés e Brais ), participan na 1ª Concentraçao de Vila do Conde (Portugal). Na 1ª Festa do Rio en Chantada (Lugo),con O Jorge.

Na 1ª Concentraçao de Embarcaçoes Tradicionais De Lanhelas (Portugal) con O Oscar.

No 2004 a Parrocheira da un salto cualitativo e pasa de ser regata a concentración de dous dias con montaxe de carpa e diferentes espectaculos.

Neste mesmo ano deuselle caracter oficial a recuperación de unha dorna a tope (Brais) e un trin- cado de trece mts. (O Ria De Ferrol) ambalas duas embarcacións remontadas e sufragadas por membros da sección de vela tradicional do noso club.

No 2005 acude a 2ª Concentraçao de Vila do Conde (Portugal) O Enxebre (Bote polbeiro de 1936).

Xa no 2005, no Encontro de Cambados, outros sete barcos saíron de Ferrol, desprazáronse por terra, (Maria AD, Nordés, Enxebre, Pajarito , Canouro e Jorge) facendo a súa primeira singladura logo de sete anos de esforzo recuperador O Ria de Ferrol.

Neste 2005 dáselle en chamar a nosa concentración Parrocheira Mar de Encontros organizando tres dias,nos que aparte de actuacións i exposición da SGHN, o noso club, faille unha merecida homenaxe postuma a Coque Bruquetas, amante e impulsor da recuperación da navegación tradicional a vela na nosa ria.

Facemos navegar logo de meses de restauración un Balandro Olimpico de madeira de 1936.

Perante o ano 2005 e 2006 participamos con embarcacións nas rodaxes de películas e documen- tais realizados na nosa ria.

Xa no 2006 promovimos e organizamos a 1ª Concentración de Embarcacións Tradicionais do Concello de Fene.

Os Reis Magos chegaron a Ferrol a bordo do Ria de Ferrol.

Acudimos a 2ª Concentración De Embarcacións Tradicionais “Festa do Rio” en Monforte de Lemos (Lugo). Tamén a 1ª Concentración De Embarcacións Tradicionais Da Coruña, (Nordesia Canouro e Ria de Ferrol).

Recibindo as embarcacións de Vela Tradicional o Barco da Memoria na bocana da ría. Travesía Coruña- Ferrol con Greenpeace na campaña Enerxias Limpas.

No Mar de Encontros da Parrocheira botase o mar un dos chamados nove metros. Bote dos chamados de instrucción da Armada de madeira que aparella dous mastros e 14 remos, recupe- rado pola sección de vela tradicional con axuda do Departamento de Promoción Economica da Diputación Provincial da Coruña.

 

FERROL MAR DE ENCONTROS

Ademais de participar nos Encontros de Embarcacións Tradicionais organizados en Galicia, acudi- mos a dúas edicións de Douarnenez na Bretaña francesa os anos 2002 e 2004 cunha embarcación cada ano.

No ano 2005 con a dorna ( Brais), chegamonos a Sokoa, en San Juan de Luz. (Francia). Concentracións aparte, participamos tamén nas dúas celebracións de NORPESCA na Feira Internacional de Mostras (FIMO) en Ferrol durante os anos 2001 e 2002. No ano 2001 o Óscar foi a única embarcación, pero no 2002, xa era todo un pavillón para nós, contando ademais dos barcos de Ferrol: Pajarito,O Galeón, María, e Nordés, cunha gamela cedida pola Asociación Sodináutica de Bouzas-Vigo, e unha dorna da Illa de Arousa cedida pola escola de vela tradicional da mesma.

Participando na (OENAK) Feira Celta de Sedes (Narón) con unha dorna a tope e con unha buceta (Maria AD) na exposición, GALICIA :“Terra de Navegantes”.

 

(C) Club do Mar Ferrol. Permitida a copia do contido deste artigo e permitidos os cambios que non alteren o seu sentido ou significado.