Eventos

« Sabado June 03, 2006 »
Sáb
Comezo: 3 Xuñ 2006 00:00

Organiza Asoc. Fasquía

NORMAS DE SEGURIDADE:

* A dorna debe levar a bordo, en estado de uso, chalecos para tódolos tripulantes en todo momento, e a organización da regata pode esixi-la súa utilización cando o considere necesario.
* É obrigatorio levar a bordo un rizón ou anclote cun peso mínimo de 5 Kg.e un cabo de 50m.
* É obrigatorio ter un seguro individual xestionado pola F.G.C.M.F. ou polo propio clube ó que pertence a dorna.
* É obrigatorio que a embarcación este dotada de suplementos que garanticen a flotabilidade en caso de dar volta.
* É obrigatorio que a vela teña o rizo de seguridade a 1.60 m do puño de amura na relinga, e a 1.35 m do puño da escota no sotavento.

OS DANOS DERIVADOS DO INCUNPRIMENTO DAS NORMAS SERÁN RESPONSABILIDADE DE CADA PARTICIPANTE.

A PARTICIPACIÓN EN ESTA REGATA OBRIGA A ACEPTACIÓN DAS NORMAS ANTERIORES.

Folla de inscrición

Distribuir contido