Pavillón dos Museos

Das múltiples exposicións que estes días se mostrarán en Cambados o maior quiñón estará presente neste pavillón, que conta co patrocinio e a dirección do Museo do Mar de Galicia. O tema da Exposición colectiva dos Museos este ano será Patrimonio inmobiliario e urbanístico do mar. Estarán presentes os principais museos do mar da península ibérica e unha grande representación dos museos etnográficos de Galicia. Este tamén será o lugar no que se mostre o quefacer dalgunhas das máis dinámicas e importantes asociacións europeas de cultura marítima.

Este pavillón esta na Alameda de San Tomé nos locais da antiga fábrica de Alimentos Arosa. Inaugurarase o día 7, xoves, as 12:00h

Entidades:

Museo do mar de Galicia
Museo do Pobo Galego
Museo de San Cibrao
Rede de museos de mar de Cataluña
Museu de Ílhavo Portugal
F.G.C.M.F.
Asoc. Barcos do Norte
Grupo Etnográfico Mascato - Rabandeira
Asoc. Mar de Noia
Asoc. Amigos do Museo do mar de Galicia
Asoc. Mar de Muros
Asoc. Mariñeiros de Bouzas
Confraría da dorna Ribeira
Mar de Pedra Cangas
Barcas do Minho
Asoc. ALbaola Pasaia
Exposición Mediterraneo
Candea