O Calado de Cambados

O porto de Cambados, ten limitacións de calado. E certo, cando se achegaban barcos de gran calado debían facelo tendo en conta as mareas, lembro os barcos da cal, que sen ningun tipo de dragado especial chegaban cargados e marchaban coa súa carga (creo que a cal pesa bastante). En calquera foto podense ver barcos do cerco atracando e descargando peixe no peirao vello de Cambados. E dende que eu son pequeno (sospeito que dende antes) vexo entrar e sair embacacións que hoxe son tradicionais, de feito xuro que de sempre e un porto importante en flota do cerco. Si a túa embarcación tradicional e de gran calado deberas ter en conta as mareas, e non podrás sair en toda a baixa (informate do horario). Pero tranquilo os pailebotes entraban e saian sen maiores problemas, eso sí tendo en conta sempre as mareas. Aquí era o que facían os patróns e patronas.

Saúdos e bo tempo.
Fernando Piñeiro

Máis sobre o calado

Por se queredes sabé-las mareas concretas:

XOVES DÍA 7:
03:28: 3.30m
09:24: 0.96m
15:39: 3.58m
21:56: 0.87m

VENRES DÍA 8:
04:02: 3.30m
09:58: 0.96m
16:14: 3.57m
22:30: 0.89m

SÁBADO DÍA 9:
04:36: 3.28m
10:32: 0.98m
16:47: 3.53m
23:04: 0.93m

DOMINGO DÍA 10:
05:09: 3.22m
11:05: 1.03m
17:22: 3.46m
23:38: 0.99m

Saúdos. ¡A ver se así os de Carril no "rompéde-los timóns"!

pd: segundo as prediccións, solleira tódolos días.

Xavi Calviño. ACDorna da Arousa.

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.