Programa das Xornadas de Cultura Marítima Galega
Mércores 6 xullo | Xornada do Urbanismo
Mañá
10:00h Recepción - Recepción dos participantes e entrega da documentación.
10.30h Apertura - Acto de apertura:
- Xaquín López Cuíñas, Presidente da FGCMF, Clube Mariño Salnés.
Xosé Manuel Cores Tourís, Alcalde do Ilmo. Concello de Cambados.
Alberto Núñez Feijoo, Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, coa conferencia Plan de fachadas marítimas de Portos de Galicia.
12:00h Conferencia- Construcións marítimas da nosa primeira industrialización. Da salga á conserva.
- Conferencia de Antonio García Fernández, Arquitecto-urbanista.
Presenta: Fernando Piñeiro, Clube Mariño Salnés.
13:00h Conferencia - Rio e cidade. Reflexións marxinais
- Conferencia de Plácido Lizancos, Arquitecto.
Presenta: Arturo Loureiro Fernández, FGCMF, Clube do Mar de Ferrol.
14:00h Pausa
Tarde
17:00h Conferencia - O borde litoral construído. A ría de Vigo
- Conferencia de José Luis Varela Alén, Secretario da Comisión de Cultura do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e membro do Padroado do Museo do Mar de Galicia.
Presenta: Benito González, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Cambados, Asociación 'As Joritas' de Cambados.
18:00h Debate - Foro de debate:
- Plácido Lizancos, Antonio García e José Luis Varela Alén.
Modera: Arturo Loureiro Fernández.
- 19:30h Pausa e refrixerio
20:00h Conferencia - Ordenación do territorio, protección do patrimonio e desenvolvemento sostible.
- Conferencia maxistral de Xosé Luís Barreiro Rivas, Director do Departamento de Ciencia Política e da Administración da USC.
Presenta: Xaquín López Cuíñas, Presidente da FGCMF.
- 21:30h Pausa
Noite
23:00h Recital - Recital: Poesía do mar da Arousa e doutros mares galegos
- Lugar: Taberna mariñeira do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2005 na illa das Ghoritas-Cambados
- Presenta: Emílio X. Insua, poeta e ensaísta, Grupo Etnográfico Mascato.
Recitan: Xurxo Alonso, Pilar Beiro, Ramón Caride, Manolo Costa, Antón Dobao, Modesto Fraga, Bernardino Graña, Emílio Insua, Alexandre Nerium, Iván Prado, Ana Romaní, Xosé Mª Vila Ribadomar, Paco Rivas, Fernando Rodríguez Gómez, Xosé Luís Santos Cabanas, Manuel G. Seixas, Domingo Tabuyo e Xosé Vázquez Pintor.
- Lectura de textos con salitre e mar de Cabanillas, Manuel Antonio, Xohana Torres e doutros autores e autoras, a cargo dos mariñeiros e das mariscadoras da Confraría de Cambados.
Xoves 7 xullo | Xornada dos Museos
Mañá
9:30h - 11:30h Visita - Visita á Rede de Museos de Cambados. Presenciarase o funcionamento do Muíño de Marea da Seca en Tragove e visitarase o Museo do Viño en Cambados, a Casa-Museo Ramón Cabanillas en Fefiñáns e a Casa Mariñeira en San Tomé.
- Guía Rocío Acha, directora da Rede.
12:00h Conferencia - Asentamentos castrexos da beiramar galega: orixes do poboamento litoral.
- Conferencia de Francisco Calo Lourido, Catedrático de Xeografía e Historia do I. B. Torrente Ballester de Pontevedra, Museo do Pobo Galego.
Presenta: Manuel Núñez. Candea, Asociación de Ensinantes do Salnés
13:00h Conferencia- O patrimonio cultural fluvial. Lugares, imaxes e memorias.
- Conferencia de Xosé Carlos Sierra, Patronato do Museo do Pobo Galego, Director do Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Presenta: Luis Aragunde, Concelleiro de Asuntos Marítimos do Concello de Cambados.
- 14:00h Pausa
Tarde
17:00h Conferencia- Os museos do mar e a conservación do patrimonio inmobiliario: a ría da Arousa, un caso arquetípico.
- Conferencia de Pablo Carrera, Director do Museo do Mar de Galicia e Vicente Caramés, Arqueólogo do Museo do Mar de Galicia.
Presenta: Rosa Oubiña, Concelleira de Cultura do Concello de Cambados
18:00h Debate - Foro de debate:
- Francisco Calo Lourido, Xosé Carlos Sierra, Pablo Carrera e Vicente Caramés
Modera: Rocío Acha, Directora da Rede de Museos de Cambados
- 19:30h Pausa e refrixerio
20:h Conferencia - O patrimonio marítimo: un recurso para desenvolver.
- Conferencia maxistral de Dionísio Pereira, Economista e historiador, Grupo Etnográfico Mascato.
Presenta: Xosé Manuel Cores Tourís, Senador e Alcalde do Ilmo. Concello de Cambados.
- 21:30h Pausa
Noite
- Actividades culturais e lúdicas do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2005.
Venres 8 de xullo | Xornada da Evocación Literaria e Histórica
Mañá
11:00h Conferencia- A paisaxe e a cultura mariñeira do Cambados de onte e de hoxe.
- Conferencia de Francisco Fernández Rei, Grupo Etnográfico Mascato.
Presenta: Emílio X. Insua
12:00h Conferencia - Á escoita do mar
- Conferencia de Manuel Rivas, Escritor e xornalista.
Presenta: Luís Rei.
- 13:00h Debate
- Foro de debate:
- Francisco Fernández Rei e Manuel Rivas
Modera: Luís Rei
- 14:00h Pausa
Tarde
16:00h - 19:00h Travesía- Travesía en barco tradicional polo mar da Arousa para contemplar o estado da fachada litoral urbana e rural.
- Guían o percorrido Francisco Fernández Rei e Dionísio Pereira.
20:00h Conferencia - O feito urbano na historia de Galicia.
- Conferencia maxistral a cargo de Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea da USC.
Presenta o conferenciante e clausura as Xornadas:
Rafael Louzán, Presidente da Exma. Deputación Provincial de Pontevedra
- Nota: O recital poético do mércores 6 e as tres conferencias maxistrais das 20:00h son abertas ás persoas non matriculadas nas Xornadas.
Sábado 9 de xullo
Mañá
10:00h Libros - Encontro co libro do mar e os seus autores no Pavillón da Feira do Libro en San Tomé-Cambados:
- Carme Hermida, Profesora da USC e lexicógrafa. Falará de Polo mar abaixo vai... Cantigas populares sobre o mar
Esperanza Piñeiro, Historiadora e Andrés Gómez, Investigador. Falarán de Homes de ferro en barcos de madeira
Paco Rivas, Profesor e poeta. Falará de Dicionario fraseolóxico do mar. Así falan os mariñaos
Alexandre Nerium, Mariñeiro e poeta. Falará de Vogar de couse
Dionisio Pereira . Falará do seu novo libro Foulas e Ronseis (Retrincos para un Tratado do Mar dos Galegos)
10:00h - 11:00h Visita - Visita polo Pavillón dos Museos instalado en San Tomé-Cambados con motivo do VII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia 2005.
- Guía a visita Vicente Caramés, Museo do Mar de Galicia.
11:30h - 13:30h Percorrido- Percorrido a pé pola viliña mariñeira de San Tomé do Mar e visita polo banco marisqueiro do Serrido na desembocadura do río Umia.
- As mariscadoras da Asociación Cultural Guimatur, de Cambados, guiarán todo o percorrido.
Tarde
19:00h Libros - Encontro co libro do mar e os seus autores no Pavillón da Feira do Libro en San Tomé-Cambados:
- Lino Pazos, Falará de Balleneros: Barcos-factorías...Siglo XX
Presentación da Revista da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego Portugués
Comentarios recentes
hai 18 semanas 4 días
hai 24 semanas 2 días
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas