Xornadas de Cultura Marítima Galega

Patrimonio inmobiliario e urbanístico do mar e dos ríos.

Cambados 6-9 xullo 2005

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) e o Museo do Mar de Galicia organizan as Xornadas de Cultura Marítima Galega. Patrimonio inmobiliario e urbanístico do mar e dos ríos (Cambados 6-9 xullo 2005), que se enmarcan nas actividades do VII Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia 2005.

San Sadurniño

As Xornadas queren ser unha introdución á cultura do mar dos galegos con conferencias sobre diversos temas: a primeira xornada versará sobre urbanismo marítimo e fluvial (Alberto Núñez Feijoo, Antonio García Fernández, Plácido Lizancos, Teresa Táboas, Xosé Luís Barreiro Rivas); a segunda xornada tratará de patrimonio marítimo e museos do mar (Francisco Calo Lourido, Xosé Carlos Sierra, Pablo Carrera, Vicente Caramés e Dionísio Pereira); e a terceira será xornada da evocación literaria e histórica (Manuel Rivas, F. Fernández Rei e Ramón Villares).

As conferencias complementaranse con diversas actividades co mar como protagonista: un recital poético coordinado polo poeta e ensaísta Emílio Ínsua; encontro con autores do mar tanto na creación como na investigación; travesía nun barco tradicional polo mar da Arousa para coñecer o estado da fachada litoral; percorrido polo banco marisqueiro do Serrido na desembocadura do Umia e pola vila mariñeira de San Tomé do Mar, guiado polas mariscadoras da Asociación Cultural Guimatur, de Cambados; visita ó muíño de mareas da Seca e ó Pavillón dos Museos do VII Encontro de embarcacións tradicionais Galicia 2005.

Programa
Inscrición

Organizan:

FGCMF (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial)
Museo do Mar de Galicia

Colaboran:

Ilmo. Concello de Cambados
Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés
Exma. Deputación Provincial de Pontevedra
Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
Confraría de Pescadores de Cambados
Asociación Cultural "Guimatur" de Cambados
Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela

Coordinan:

Pablo Carrera, Director do Museo do Mar de Galicia
Francisco Fernández Rei, Catedrático de Filoloxía Románica da USC, Grupo Etnográfico Mascato
Luis Rei Núñez, Técnico de Cultura do Concello de Cambados, Grupo Etnográfico Mascato

Lugar de celebración:

Auditorio da Xuventude de Cambados

Prezo de inscrición:

10 euros (taxa reducida para estudantes, xente no paro e membros de “Candea. Asociación de Ensinantes do Salnés” e da “Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial”);
20 euros (taxa non reducida).

Nº máximo de inscricións:
150. A selección farase por orde de inscrición.

Crédito de Libre Configuración:
A Universidade de Santiago de Compostela concede 1 crédito (10 horas) a estas Xornadas.

Teléfono
986 52 00 08 (de 10h a 12h, de 17h a 20h)