Foron uns encontros cojonudos. paseino moi ben a atención foi estupenda. Quero contactar cos da tripulación invitada do Mediterraneo chamada TAMARIT alguén sabe como? Grazas.
Xa se sabe si ben ou non? Haberá que balizalo, non?
que avise por onde ande.
Canais de tv pela internet , canais de tv online , canais de tv pelo micro , http://www.tvonline.xpg.com.br
http://www.cimis.com.br
Alguen sabe si xa está confirmado o sorteo dunha dorna entre os que participen nas actividades nauticas dos encontros.
Interesado.
SI E CERTO, NON ERA INTENCIÓN DA COMISIÓN FACELO PUBLICO HASTA ESTAR NOS ENCONTROS PERO SI XA ESTÁ FILTRADO E PORQUE O APARELLO ERA LASO E FOISE.
NA DOS "MONCHITOS", R. BLANCO DA ILLA ESTA NESTES PRECISOS DÍAS REMATANDO A DORNA QUE SE VAI SORTEAR ENTRE OS QUE DESENVOLVAN ACTIVIDADES NOS ENCONTROS. SERÁ O DOMINGO O REMATE DA REGATA. SORTE
COMISIÓN ORGANIZADORA
Que venham ventos Virar-nos as quilhas Seremos muitas, muitos Seremos alguém
Navegar é preciso, viver nao é preciso.
Forza Dorna e Vento en popa!
Pareceme desproporcionada, a medida inposta nestes encontros, da cuota de participacion, tendo en conta que os que se moven neste circulo son os mesmos. Estou en total desacordo de que os que levamos participando ano tras ano en encontros non so a nivel galego, internacional e local, de lle de a benvida con un ticket de inscricion, e persoalmente, hai a persoas (e non son unha delas) dentro do mundo das embarcacións tradicionais, que facerlle pagar unha cuota de inscricion pareceme unha OFENSA
Todo isto, escribeo un que cando se move no barco que lle corresponde, non lle importa o gasto nen tempo invertidos(COMA TODOS), e que nunca se moveu, nin se move por cartos.
Espero que a organización recapacite, acerca desta medida, a cal me parece ademais de inxusta, irrespetuosa, con algunhas asociacións ou persoas, que estan en todas (como moitos dos membros da organización dos encontros), sen importar gastos nen tempo.
Penso que existe confusión en canto os 20 €. Non son en concepto de inscrición (que é de balde), senon pola manutención dos 4 dúas (comida e cea), é por tanto un prezo simbólico (2,5 € cada comida) e non ten alcance recaudatorio senon de mellorar a calidade da comida e da atención en xeral. Moito se ten falado de apoiar o mundo das embarcacións e de colaboración coas actividades das asociacións e mesmo coa Federación, pero as veces parece que esquecemos que os que organizan e traballan pola FGCMF e polos encontros son voluntarios e por suposto non cobran nin ganan peso. O VII Encontro agarda 600 tripulantes, ós que se lle ten que dar camping e comida e cea durante son catro días, ademáis dos servicios e agasallos propios dun Encontro. É a miña opinión como presidente da FGCMF, e en todo caso trasmitirei estas "inquedanzas" os membros da comisión organizadora para que aclaren estas cuestións.
Pareceme indignante k edemais de ter k desplazar a tu embarcación ven sexa por mar ou por terra para k os emcomtros medren ano tras ano teñas k pagar un cuota por ter dereito a participar neles ademais dos problemas k vaia a conlevar separar os barcos de porto por problemas de calado
un saudo dun tripulante k se move pola conservación dos bacos non polo negocio
Xa son varias as queixas que levo lido neste foro por mor da cota que hai que pagar. Penso que entre esas queixas hai contradicións, se todos queremos que este tipo de eventos medren, coido que non é tan "desorbitado" o termos que pagar 20 Euros pola comida, pensemos que en calquera festa, acto, manifestación, xornadas, etc. sempre hai uns gastos... ou pensamos que todo nos chove d'arriba? seghuro que non se poñería ninghunha pexa se fósemos tomar un "cubata" e tivésemos que pagar 4 Euros ou 6 como cobran nalgures. Aí seguro que non dirían nada, a que non? a que estes que protestan pagarían o whisky talvez para quedar ben! Eu compároo con iso que din que hoxe en día estamos en crise, que non hai cartos nas xentes,... pero parece que sempre hai para ir a tomar a chiquita na taberna.
Teñamos un pouco de calma e non saquemos as cousas se quicio, se tanto estás a dicir que traballas pola cultura do mar como o que máis, antes de falar pensa o que vas dicir e se o que digas ten realmente fundamento e propiedade de seu. Amola abondo que haxa sempre críticas destrutivas e ningunha construtiva,... se todos queremos que este país vaia para adiante (no aspecto que sexa, non me refiro ao político exclusivamente) termos que cambiar a mentalidade de chapante que moitos temos, e non esperar que nolo dean todo feito. Xa bastante é que haxa unha xornada e toda unha corporación, integrada por diversas institucións, que tenta "dignificar" unha cultura que se perde cos medios dos que dispón.
É xa finalizo, é moi doado falar e outra cousa ver as cousas dende dentro, parece que o pouco ou nada que cada fagamos a prol dunha idea xa é dabondo, sempre temos algunha escusa: que se Europa non nos dá nada, que se o estado, que se a Xunta, que se "Pericodelospalotes" Temos uns medios, non? pois, poñamos algo máis cada un para que as cousas saian o mellor posíbel, para que eses que se fan os remolóns, a vindeira vez espabilen un pouco máis.
Descoñezo se o senso da protesta teña ou non algo de dobre intención e realmente non sexa o prezo o problema principal. E aínda así, no caso que unha ou dúas persoas non sexan do agrado do "protestante" non hai por que englobar a toda a organización. Por exemplo: "A xuventude está botada a perder, non saben nada, andan coma tolos cos coches" Non todos os mozos andan en coche, non todos andan coma tolos e hai algúns que levan máis ca serraduras nos miolos.
Un saúdo. E noraboa a toda a xente que se move polo mar e por unha causa digna.
Por unha patria con saúde.
Martiño dende Compostela
Penso que non é obrigatorio apuntarse para comer. Pódese participar no Encontro e non "contratar" a comida.
A VER OS DOS ENCONTROS
E VERDADE QUE VAI A VIR UN SUBMARINO DA MARIÑA DE GUERRA PORTUGUESA ??
estamos neso, en todo caso esto é de máxima discrección. Non sei como esta información conseguiu burlar as estrictas medidas de seguridade do pechado circulo da ditectiva. Tampouco imos agora a desmentilo pero gardade absoluta discreción. Máis adiante poderemos ampliar datos,por exemplo ano de construcción, tripulantes, así como coordenadas de fondeo o fondura durante os encontros (a fondura será a necesaria paa que ninguén encalle).
Claro que os submarinos Portugueses andam moribundos...se submergem já não devem voltar acima de água...dizem que por falta de peças...qualquer das maneiras se afundarem vamos a criar ai um sitiu de buceo...
Pois eso, que teñamos bo vento
Polo menos os dias da festa :-)
Benvidos ó foro dos encontros.
C. Mar. Salnés G. Etn. Mascato A. Nau. As Joritas Confraría S. Antonio Concello Cambados F.G.C.M.F.
Comentarios recentes
hai 18 semanas 3 días
hai 24 semanas 2 días
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas