Rematou o VII Encontro, agora á espera do VIII

Todo ten o seu tempo, e este encontro rematou. O domingo 10 tivo lugar a Regata do Albariño de dornas a vela, con máis de trinta participantes. Gañou a Liviana de Moaña, seguida de Pereka, Nécora e Xarandeira.
A dorna exposta no pavillon Na Onda foi para os Amigos da Dorna de Portonovo.
Pola noite houbo as actuacións musicais previstas.

Desde xa estamos a pensar no Encontro do 2007. Ainda que estes meses de verán nos queda moito que navegar, por exemplo este fin de semana en Bueu.

Na sección de fotos estamos a subir as fotos destes días. Gustaríanos que quen teña fotos interesantes, especialmente de tripulantes, nolas envie a fotos@culturamaritima.org, a poder ser indicando o título e autor, para poñelas no web.
Caso de que sexan bastantes faríamos un concurso, cun premio que se anunciaría con tempo.
Se alguén ten videos interesantes tamén intentaríamos subilos ao web.

Por último, no foro está a haber opinións sobre o Encontro. Animamos a todos a opinar, a enviar historias, comentarios, anécdotas etc. sobre estes días.