Os encontros da fame

Antes de nada aclarar que esto non é mais que a constatación do que tanto eu como os meus compañeiros e compañeiras vivimos en carne propia e dos comentarios das tripulacións cas que falamos durante estes encontros.
Dito esto e antes de nada felicitar a xente da organización polo estupendo funcionamento e condicións de uso das instalacións do IES Ramón Cabanillas.
E agora a parte negativa (da que espero tomen boa nota para a próxima). Paréceme vergoñento e indignante que sendo nos a parte principal do evento sen a cal non funcionaria nada da festa alí montada, se nos trate " coma cans", e aclaro este punta para que non se creen suspicacias.
- A chegada das embarcacións non aparece ninguén que nos advirta da localización das numerosas pedras e baixos na zona de atraque.
- Os que tivemos a desgracia de chegar entre as 14:00 H. e as 16:00 H. Tivemos que andar a correr atrás da xente da Organización para poder comer.
- O feito de ter que pagar comida e cea poderiamos entendelo créndonos os argumentos da Organización, pero sempre que o que se nos dese fose unha comida e non un aperitivo para antes de ires comer o bar.
- As promesas non cumpridas de solucionar este problema que persistiu ata o final.

Resumindo, señores organizadores estaría moi ben que a próxima vez que queiran montar un negocio a nosa consta, polo menos nos deán de comer en condicións, porque co estómago baleiro non se navega igual.

Gracias a todos os patrons e tripulantes que como nos decidiron buscar solucións particulares as deficiencias de organización e facer que estes encontros chegasen ata o ultimo día sen abandonar que era o que merecía a organización.
Un saúdo a todos e voa travesía

anónimos non, por favor

Como mestre deste web, quixera recordar que a mínima etiqueta require que nos identifiquemos, polo menos cando se trata de criticar a alguén.
Este foro é libre e non require rexistro porque pensamos que a libertade é un ben esencial, polo que teña a opinión que teña non se censura a ninguén, como queda demostrado no comentario anterior.
Por tanto, dade a vosa opinión, pero por favor decide quen a dá.

O mestre do web.

Remendando o erro

Si o comentario aparece como anónimo a de ser por un descoido, non era a miña vontade e tampouco teño problema algún en identificarme, son Carlos Rodríguez, ese patrón que fixo esta mesma queixa durante o encontro e que escoitou como se lle prometía arranxalo de seguida e facer unha enquisa entre as tripulacións.
Si este comentario chegou aquí é porque non se cumpriron esas promesas, o cal paréceme inda mais grave que as propias deficiencias.
Un saúdo

Opcións de visualización dos comentarios

Seleccione a sua forma preferida de visualización de comentários e clique "Gardar opcións" para activar os seus cambios.