O Encontro avanza
O VII Encontro iniciou a súa andaina. A pesar da nortada que dificulta a navegación, son moitos os barcos que están atracados no peirao das Goritas.
Como estaba previsto viñeron barcos do Mediterraneo, Portugal, Euscadi e Francia.
Os Pavillóns están a ter moita aceptación, sobre todo a vila mariñeira, coas demostracións en vivo de artesanía e obradoiros para rapaces.
Esta tarde seguirán as actividades previstas no programa, con regatas a remo, demostración de descarga de peixe, espectáculo náutico-musical e actuación de Milladoiro.
Na sección de fotos podedes ver algunhas feitas onte día 7.
Comentarios recentes
hai 18 semanas 6 días
hai 24 semanas 5 días
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas