Camiño do VIII Encontro
Partimos cara o Encontro do 2007. Bo vento para todos.
Rematou o VII Encontro, agora á espera do VIII
Todo ten o seu tempo, e este encontro rematou. O domingo 10 tivo lugar a Regata do Albariño de dornas a vela, con máis de trinta participantes. Gañou a Liviana de Moaña, seguida de Pereka, Nécora e Xarandeira.
A dorna exposta no pavillon Na Onda foi para os Amigos da Dorna de Portonovo.
Pola noite houbo as actuacións musicais previstas.
Desde xa estamos a pensar no Encontro do 2007. Ainda que estes meses de verán nos queda moito que navegar, por exemplo este fin de semana en Bueu.
Na sección de fotos estamos a subir as fotos destes días. Gustaríanos que quen teña fotos interesantes, especialmente de tripulantes, nolas envie a fotos@culturamaritima.org, a poder ser indicando o título e autor, para poñelas no web.
Caso de que sexan bastantes faríamos un concurso, cun premio que se anunciaría con tempo.
Se alguén ten videos interesantes tamén intentaríamos subilos ao web.
Por último, no foro está a haber opinións sobre o Encontro. Animamos a todos a opinar, a enviar historias, comentarios, anécdotas etc. sobre estes días.
Después del VII Encontro
El VII Encontro ha acabado, os agradecemos a todos el haber asistido, y nos gustaría que nos enviaseis fotos de vuestra experiencia a fotos@culturamaritima.org. En el caso de que hubiese una buena respuesta haríamos un concurso con un premio que se anunciaría con tiempo.
También podeis enviar video.
Si teneis un web con material sobre el Encontro avisad y haremos un enlace.
Por último, en el foro se está opinando sobre el Encontro, os animamos a todos a opinar (no cortaros por no escribir en gallego), enviar historias, anécdotas, etc. sobre estos días.
Nos veremos en el VIII Enco
No ecuador do Encontro
Onte dia 8, pasamos o Ecuador. Amainou algo o norte e permitíu a chegada de máis barcos, especialmente os de Bueu, que tiveran que pasar a noite en Sálvora. Ainda así a súa travesía foi meritoria, como se pode ver na sección de fotos do día.
Pola Tardiña o vento facilitou un magnífico Espectáculo Náutico, con exhibibicións de barcos de Cataluña, Euscadi , dorna, bote polveiro, bote de ferrol, lancha de jávega de Málaga, "burrito" de Arousa, etc. Especialmente impactante a maniobra da dorna Josefa, con varias viradas con forte vento.
Pola noite a actuación de Milladoiro xunt
O Encontro avanza
O VII Encontro iniciou a súa andaina. A pesar da nortada que dificulta a navegación, son moitos os barcos que están atracados no peirao das Goritas.
Como estaba previsto viñeron barcos do Mediterraneo, Portugal, Euscadi e Francia.
Os Pavillóns están a ter moita aceptación, sobre todo a vila mariñeira, coas demostracións en vivo de artesanía e obradoiros para rapaces.
Esta tarde seguirán as actividades previstas no programa, con regatas a remo, demostración de descarga de peixe, espectáculo náutico-musical e actuación de Milladoiro.
Na sección de fotos podedes ver algunhas feitas onte día 7.
Aloxamento para os tripulantes
Aquelas persoas inscritas como tripulantes nalgún barco poderán facer uso das instalacións do pavillón do I.E.S. Ramón Cabanillas (Avda. Rosalía de Castro. Cambados) para aloxarse durante o Encontro
Expositores dos Pavillóns e Comer do Mar
Nas páxinas referidas ós pavillóns Na Onda, e dos Museos, xa aparecen os nomes das entidades expositoras.
Tamén está disponible a información sobre Comer do mar, a feira gastronómica do Encontro, a Feira do libro, e sobre exposicións que forman parte do Encontro.
Actividades náuticas
Representantes de Cataluña
Xa dispoñemos de fotos dalgúns dos barcos que van vir de Cataluña. Son unha pequena mostra do total. Abaixo móstrase unha muleta, embarcación orixinaria do rio Ebro.
Comentarios recentes
hai 18 semanas 3 días
hai 24 semanas 2 días
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 2 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas
hai 1 year 3 semanas