Deporte

I Volta a Tambo. Aguete

O vindeiro día 5 de maio vai ter lugar a I Volta a Tambo, organizada polo Club de Mar de Aguete, a Asociación de Pescadores Chirleu e o Grupo Cultural Ronsel, coa colaboración de Agabace e outras entidades. Pola mañán haberá a partir das 11:00 h exposición dos barcos na explanada e nos pantaláns de Aguete, e ás 12:30 h unha conferencia de Víctor Fernández, presidente da FGCMF, sobre o tema "O patrimonio fluvial e marítimo de Galicia ¿Porqué conservalo?".
A saída da Volta a Tambo será ás 15:30, tendo que deixar a illa por babor e regresar a Aguete antes das 19:30, hora tope de amarre. A entrega de premios será ás 20:00 h no Real Club de Aguete.

Máis información e programa no web de Agabace.

Regata do Marisco 2011. O Grove

O vindeiro sábado 1 de outubro vai ter lugar no Grove a Regata do Marisco 2011, organizada por Amigos da Dorna Meca, co patrocinio do Concello do Grove. A saída está prevista para as 16:00 horas.

Esta é tradicionalmente a regata que remata a tempada de regatas de dornas. Chegan as primeiras choivas e vai chegando o tempo de invernar.

Ultima regata da Copa Balbina

O vindeiro sábado 24 de setembro vai ter lugar en Sada a última regata da Copa Balbina, organizada polos Patexeiros.
A saída será ás 17 h, e ao remate haberá pinchos e sorpresas para os participantes.

IV Regata Porto Meloxo. O Grove

O vindeiro sábado 24 de setembro, ás 15:00 h vai ter lugar en Meloxo, O Grove, a IV Regata Porto Meloxo.
Esta penúltima regata da tempada está organizada polo Bar Meloxeira. Lembrar que a hora de saída non é a habitual.

Regata Lajareu 2011

Mañán 10 de setembro vai ter lugar en Ribeira a Regata Lajareu 2011, organizada por Lajareu por Barlovento.
A saída será ás 16:30 h.

XXIII Regata do Bao

A XXIII Regata do Bao, que estaba prevista para o pasado día 6, terá lugar o vindeiro día 13 de agosto.
Organizada pola ACD Dorna, a saída será ás 16:00 h desde a praia do Bao na Illa de Arousa. Esta regata é especial por ser a saída desde terra e co barco sen aparellar.

IX Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes"

Os vindeiros 22 e 23 de xullo vai ter lugar a IX Regata de Embarcacións Tradicionais "Porto de Redes", organizada polo club Marítimo de Redes.
A xornada do venres estará adicada aos Desafíos de Vela Tradicional, onde competirán barco contra barco. Mentras que o sábado será a Regata propiamente dita.
O programa é amplo e ten todo tipo de actividades, entre elas a Festa das cabrias. Os interesados en participar co seu barco dispoñen dun formulario para facer a inscrición.

XIV Regata da Dorna. Ribeira


O vindeiro sábado 23 de xullo terá lugar en Ribeira a Regata da Dorna, organizada por Lajareu por Barlovento, e que terá a saída ás 16:30 na zona da praia de Coroso.
Lembramos que é imprescindible contar cos elementos de seguridade necesarios e os seguros en regla e recomendamos ler as condicións de participación.

XIV Regata dos Faros. O Grove

Segue a vida despois do Encontro de Carril e o vindeiro sábado 9 de xullo ás 16:00 horas no Porto do Grove vai ter lugar a XIV edición da Regata dos Faros, organizada por Amigos da Dorna Meca.
Lembrámosvos a necesidade de cumprir coas medidas de seguridade acordadas.

XXVII Volta a Arousa


O vindeiro sábado 18 de xuño vai ter lugar un ano máis a Volta a Arousa, un dos eventos máis significados do calendario, a saída será ás 16:00 h da praia do Bao.
Os organizadores, a ACD Dorna, quere lembrar a todos os interesados en participar que é imprescindible contar con seguro de embarción e cumprir os requisitos de seguridade a bordo acordados (chalecos, remos, rison, etc.)