Barcos
Bote salvavidas "Francisco Gorostidi" de Calafell
Bote salvavidas do ano 1920, moi ben conservado, e co que no tempo de verán a súa tripulación fai demostracións da capacidade de adrizado e insumerxibilidade do bote. No seu completo web pódese ver este exercicio e moita información sobre o bote.
Restauración do Nereida (Meiga VI)
O Nereida (orixinalmente Meiga VI) é un barco de vela en restauración, construido por Fernando Lagos o ano 1934 en Vigo.
Na web podemos seguir o proceso de restauración, con abundante aparato gráfico e interesante información, e saber máis do promotor da iniciativa o capitán de corbeta e profesor da E.N.M. de Marín Jose luís Garcia Amado
La Vaudoise
A Vaudoise é unha antiga barca do lago Léman. Construida no 1932, foi a última do seu tipo creada para o transporte de mercadorias. No seu web podemos ver moitas fotos e videos sobre este navio.
Hidria
Sitio do Hidria, un barco de vapor, onde se mostra o proceso de restauración ata chegar ao seu estado actual no que vai ser usado para actividades relacionadas co mar.











Recent comments
1 day 50 min ago
3 days 5 hours ago
3 days 8 hours ago
1 week 6 days ago
2 weeks 17 hours ago
2 weeks 20 hours ago
2 weeks 6 days ago
3 weeks 3 days ago
3 weeks 4 days ago
3 weeks 4 days ago