Conferencias

O Barco do Mar dos Litorais da Ria de Aveiro: O Mais Belo Barco do Mundo

O vindeiro 28 de abril ás 16:00 horas vai ter lugar no Museu de Ovar unha conferencia impartida por Alfredo Pinheiro Marques (historiador e director do CEMAR - Centro de Estudos do Mar) sobre o tema "O Barco do Mar dos Litorais da Ria de Aveiro: O Mais Belo Barco do Mundo".

Alfredo Pinheiro Marques é un profundo coñecedor do mar de Portugal e especialmente do relacionado cos Descobrimentos. Do "barco do mar" o CEMAR ten subido a youtube dous videos moi interesantes, un deles un fermoso excerto do filme "Mudar de Vida" de Paulo Rocha, de 1966 e que mostra como se bogaba neste barco cunha tripulación de máis de 40 homes. E o outro filmado por un equipo da National Geographic Society en 1967. A imaxe de arriba está tomada deste último.

(Vía Lancha Poveira)

A historia sumerxida de Bueu. Conferencia

O vindeiro venres 20 de Abril vai ter lugar no Museo Massó unha conferencia de Yago Abilleira sobre o patrimonio histórico sumerxido nos fondos submariños de Bueu.
Yago Abilleira Crespo é membro do Club de Buceo Ons e un investigador de Historia Naval. Publicou o libro "Los galeones de Vigo", sobre a Batalla de Rande, así como numerosos artigos acerca de naufraxios en toda Galicia. Asemesmo, colaborou como mergullador auxiliar nas campañas de Arqueoloxía Submarina de Cíes, Fisterra, Cangas, Estaca de Bares e a Mariña Lucense.

Embarcações Que Tiveram Berço na Laguna. Conferencia

O vindeiro 14 de abril, vai ter lugar no Museu de Ovar ás 16:00 h. unha conferencia do investigador de arquitectura naval Eng. Senos da Fonseca sobre "Embarcações Que Tiveram Berço na Laguna". Co mesmo título recentemente publicouse un libro do mesmo autor, que recibiu o prémio "Almirante Sarmento Rodrigues".

(Vía Lancha Poveira)

Barcos de cabotaxe do século XX en Corme. Conferencia

Mañán, mércores 7 de decembro ás 19.00h na Casa do Mar en Corme, a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteceso organiza unha conferencia sobre os barcos de cabotaxe do século XX a cargo de José Ramón Varela Cousillas, autor xunto con Eliseo Puñal do web Barcos antiguos de Corme.
Entrevista a Jose Ramón Varela na Voz de Galicia

A Ría de Arousa hai 2000 anos. Charla

Mañán 16 de setembro ás 20:30 h, vai ter lugar na Casa Forestal As Canteiras, en Noalla, unha charla sobre A pesca e o marisqueo na Galicia antiga: A Ría de Arousa hai 2000 anos impartida por Víctor Bejeda e Eduardo González, expertos en arqueomalacoloxía da Universidade de León. Esta charla forma parte da serie Charlas Lanzadeiras, organizadas polo equipo de excavación da Lanzada.

Un mar de saberes. Xornada conmemorativa do Día Europeo do Mar. O Freixo


O vindeiro 22 de maio, vai ter lugar no Freixo a Xornada conmemorativa do Día Europeo do Mar Un mar de saberes.
Organizada pola Consellería do Mar, constará de tres conferencias a cargo de Victor Fernández, presidente da FGMCF, Gerardo Triñanes, presidente de Agalcari, e Jose Manuel Vázquez Lijó, historiador.
Ademáis haberá un recital poético, paseo por mar e visitas a dúas carpinterías.
A inscrición é gratuita e está aberta ata o 20 de maio.
Programa e folla de inscrición

O patrimonio marítimo de Galicia. Conferencia


O próximo día 14, terá lugar no Casal de Ferreiros do concello de Poio, unha conferencia sobre a importacia de preservar o patrimonio maritimo de galicia a cargo de Víctor Fernández, presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, está organizada polo Clube Mariño A Reiboa en colaboración co concello e ca FGCMF. Este acto coincide ca exposición de pintura mariñeira de Moncho Lastra que permanecera aberta ata o día 18 de maio.

Arredor do mar. Antropoloxía mariñeira


Mañán 22 de marzo as 20:00 h darán comezo en Marín as IX Xornadas Blanco Freixeiro de Arqueoloxía, Arte e Historia e que terán como sede o Museo Manuel Torres e que están organizadas polo Concello de Marín.

A primeira das conferencias será Homes de Terranova. A pesca do bacallao, a cargo de Rosa Garcia Orellan. O martes Víctor Fernández González, presidente da FGCMF, falará sobre Patrimonio inmaterial do mar de Galiza. O mércores Xosé Lois Vilar Pedreira falará de Talasonimia. Os nomes do mar. O xoves Francisco Calo Lourido falará de As comunidades de pescadores. A súa ideosincrasia.

O venres proxectarase o documental Galegos universais e haberá unha homenaxe á xente do mar, e o sábado realizarase unha visita guiada por Lino Pazos Pérez á Illa de Tambo.

O patrimonio marítimo. ¿Por que conservalo?. Charla


O vindeiro mércores 17 de marzo ás 20:00 h vai ter lugar en Bueu unha charla organizada polos Galos baixo o tema O patrimonio marítimo. ¿Por que conservalo? na que participarán representantes de Os Galos, Victor Fernández, presidente da FGCMF, e Covadonga López de Prado, directora do Museo Massó.
O obxectivo da charla é mostrar a necesidade de preservar o patrimonio e os rendementos de todo tipo que esta preservación retorna á sociedade, centrándose neste caso no estaleiro de Purro, que ainda está baixo ameaza de derrubamento.

A pesca da balea na Galiza: da Idade Media a 1986


Achegámosvos o texto da ponencia A pesca da balea na Galiza: unha visión de conxunto dende a Idade Media ate a Moratoria do ano 1986 que presentou Dionisio Pereira no seminario Baleação, memória e identidade – Uma perspectiva multicultural, que tivo lugar en Lajes do Pico, o pasado 24 de xullo.
Neste texto faise un repaso á historia da pesca da balea en Galicia e recolle unha bibliografía básica para quen queira saber máis.
A foto de arriba é o barco IBSA II, hoxe Southern Actor, que está no Sandefjord Museum, en Noruega. Este foi un dos últimos baleeiros que cazaron baleas en Galicia.

Syndicate content