Deporte

Un mar de madeira. II Xornadas de construción naval en madeira


A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) organiza as II Xornadas sobre construción naval en madeira, que van ter lugar en Ribeira o vindeiro sábado, 31 de outubro.
Estas xornadas van servir para que os distintos axentes que interveñen na construción naval poidan poñer en común os seus puntos de vista. Tamén se vai presentar o Regulamento de construción naval en madeira que Agalcari elaborou como un documento base para futuras normativas de construción naval.
Hai que suliñar a presencia entre os ponentes das Xornadas de representantes de todos os sectores implicados: carpinteiros, enxeñeiros, técnicos da madeira, Mariña Mercante, Capitanías, etc.

Baleeiros do Norte

O venres 22 e o sábado 23 ás 19:30h vaise proxectar no Museo Massó o documental Baleeiros do Norte, con guión e dirección de Francisco Garrido.
Este documental aborda a caza da balea en Galicia, abarcando un período que vai, aproximadamente, de 1950 a 1986. A primeira parte está dedicada a baleeira de Cangas mentres que a segunda céntrase na de Caneliñas (Cee). Imaxes antigas xuntanse con outras do estado actual das factorías, e serven como marco a numerosas intervencións dos traballadores daqueles anos, nas que estes rememoran e dan vi Ler máis»

El patrimonio marítimo como factor de desarrollo. Experiencias europeas. Xornada


O vindeiro día 17 de decembro vai ter lugar no AQUARIUM de Donostia-San Sebastián a xornada El patrimonio marítimo como factor de desarrollo. Experiencias europeas. Está organizada polo servicio Europe Direct de Itsasmendikoi, e por Udalarrantz, rede de municipios pesqueiros vascos, así como coa colaboración de Untzi Museoa , Eusko Ikaskuntza e Albaola Elkartea.
O obxectivo da xornada consiste en analisar o marco europeo da política marítima e as actuacións previstas pola Comisión en materia de patrimonio, así como experiencias exitosas neste ámbito.
Nesta xornada participará Dionisio Pereira cunha ponencia sobre os Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

A gastronomía do mar como valor engadido do turismo mariñeiro en Galicia. Seminario

O Centro Tecnolóxico do Mar acollerá o 10 de decembro o I Seminario “A Gastronomía do mar como valor engadido do turismo mariñeiro en Galicia”, un evento que permitirá coñecer as propostas de cociñeiros de prestixio para achegar o mar ao consumidor e as apostas do sector pesqueiro para innovar e diversificar os produtos pesqueiros.

O seminario, que dará comezo ás 9.30 horas e que finalizará as dúas da tarde cunha cata de paté de percebe, enmárcase dentro do proxecto Pesca-Turismo que está a levar a cabo o CETMAR en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia –IDEGA- da Universidade de Santiago. O devandito proxecto, financiado a través do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE), pretende a definición dun novo modelo turístico baseado no patrimonio cultural e gastronómico das vilas costeiras galegas.

Neste seminario participarán membros de confrarías, mariscadores, representantes de conserveiras, cociñeiros e periodistas, que porán en común experiencias e proxectos sobre as posibilidades da gastronomía como elemento do turismo mariñeiro en Galicia.

As prazas son limitadas e no programa poderedes ver con detalle as intervencións previstas e a forma de inscrición.

Entrega do Trofeo Galicia de Dornas a Vela







O pasado sábado día 27 de Outubro tivo lugar no restaurante Tamanaco da Illa de Arousa a cea de final de tempada organizada pola A.C.D.Dorna. A dito evento
asistiron unhas 130 persoas, e este ano tivemos a honra de contar coa presencia
da Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia, Dona Marta Souto que fixo
entrega do trofeo aos gañadores do III Trofeo Galicia de Dornas a vela que cada ano organiza a Fgcmf xunto con outras catro asociacións ( Dorna da Illa, Fasquía da Illa, Dorna Meca do Grobe e Mariño Salnés de Cambados). Os outros trofeos entregounos a Concelleira de Cultura e Deporte da Illa e o Presidente da Federación. Tamén se fixo entrega da dorna de prata, gañada en Riveira pola A.C.D.Dorna, ao Concello da Illa.
Lembramos que os tres primeiros clasificados foron:
1. Nécora, da ACD Dorna, con Braulio e Jarri
2. Cariñosa, do Náutico da Illa, con Checo e Victor
3. Xarandeira, de Fasquía, con Santi e Juan

Regulamento de Regatas de Dornas

Tomando como base o regulamento da Clase Dorna da Federación Gallega de Vela, de 1.998, sendo delegado Alberto Romero. E xuntandolle as últimas modificacións de Asamblea de "navegantes" dorna, tratamos de facer o que sería o REGULAMENTO que nos rexiría.
Practicamente é o mesmo do 98 e as modificacións de hai un par de anos, e algunha moi mínima proposta actual. Botádelle unha ollada.

Esto será CONSULTADO-DEBATIDO-OU MODIFICADO, se procede na vindeira ASAMBLEA de navegantes dorna do SABADO 10 de MARZO.

ACORDO DE CLUBES.
Tamén para a súa difusión e aproveitamento, transcribimos o texto do acordo de clubes celebrado na Illa o 29 de outubro de 2.000, coa asistencia de: ACD. Dorna, AC Lajareu, CN. Illa de Arousa e ACD Rabandeira.

184 Navegantes e subindo

Xa hai 184 cartóns de navegante feitos. Lembrade que o custo é de 10 euros adultos e 5 euros menores.
Para ter máis claras as vantaxes do seguro podedes ler este comentario de Arturo. Ler máis»

Lista de seguros de navegantes

Actualizamos a lista de seguros de navegantes para o 2006. Neste momento son xa 96 os apuntados.
Lembrarvos que o custo do seguro é de 10 euros para adultos e 5 euros para os menores, e o periodo de cobertura é ata o 28/02/07. Ler máis»

Campionato Galego de Pesca Open ao Corrican GP Aires Combarro 2005

No marco da Festa do Mar 2005 o vindeiro 20 de Agosto vai ter lugar o Campionato galego de pesca ao corrican GP Aires Combarro 2005,coa participación de dornas e motoras.
Os interesados poden ter máis información no programa

Seguro de Responsabilidade Civil para os asociados

A Comisión do VII Encontro, contratou unha poliza de Responsabilidade Civil para o mesmo e aproveitando a ocasión inclueu as actividades que desenvolvan os Asociados da FGCMF. hasta o 30 de decembro do 2.005, durante os fins de semán.
Aínda non temos a copia desa RC. pero sabede que esto existe, deste xeito por exemplo podería darse que Os Galos non teñan que suscribir R.C. para os seus encontros deste próximo fin de semán.
Contactade coa Federación para ter máis información.

Syndicate content