avance do programa
Xa está a caldeira encendida e con presión para os VIII Encontros .
Na última asemblea da FGCMF tratouse o tema de poder saír navegando “en conserva” unha flotiña dende as Rías Baixas ata Ferrol. Xa está organizado un equipo para coordinar a saída e arribada aos diferentes portos onde facer noite. Na reunión que tivemos coa Consellaría de Pesca déronnos todas as facilidades para que esta singladura tivera un bo fin.
Ánimo aos avezados mariñeiros.
Póidovos adiantar que organizadas polo Museo do Mar e coa colaboración e bo facer inestimable de Pablo Carrera que se encarga de coordinalas, vanse desenvolver unhas Xornadas Técnicas cara a un Marco Lexislativo para Embarcacións Tradicionais, onde estarán presentes o Colexio de Enxeñeiros Navais de Ferrol, a Universidade de A Coruña e algunhas personalidades na materia.
As asociacións que queirades ter unha caseta para as vosas exposicións agradeceriamos que o comunicarades canto antes, a fin de poder distribuir e organizar os espazos.
Con respecto aos amarres estamos traballando para ter garantido pantaláns para todas as embarcacións, sen necesidade de estar abarloadas.
Os lugares para durmir tamén están garantidos en pavillóns e colexios, así como lugares cerrados e vixiados para os remolques.
Haberá guindastre para arriado e izado de embarcacións, ademais da rampla.
Máis adiante xa vos contaremos máis cousas.
O enderezo do noso correo electronico é ferrol2007@culturamaritima.org
Un saúdo
Arturo Loureiro











Recent comments
1 week 1 day ago
1 week 4 days ago
2 weeks 5 days ago
2 weeks 6 days ago
3 weeks 6 days ago
4 weeks 1 day ago
7 weeks 46 min ago
7 weeks 1 day ago
8 weeks 1 day ago
8 weeks 2 days ago