Xeitos de vivir o mar

En Chapela, na ría de Vigo, estase a levar adiante unha experiencia moi interesante de imbricación do mundo marítimo no traballo diario dun colexio de primaria.
No CEIP Laredo, o proxecto "Vivir o mar" pretende facer que os rapaces vexan como algo propio o entorno no que viven (ver foto de arriba), non so o natural , senón o comercial, laboral e o social. E todo esto desde a experiencia activa e non simplemente libresca. Por exemplo, os nenos sementaron ameixa na praia, e tiveron que ver como os furtivos atacaron a súa "horta", tal e como lles pasa aos mariscadores cada día.
Todo este traballo difúndese a través dun blog que recomendamos vivamente, e que é unha mostra de como os rapaces poden facer uso das tecnoloxías, moitas gratuitas, para crear materiais de moita calidade, entre eles moitos videos e unha galería de fotografías antiguas de Chapela a moi alta resolución.
Felicitamos aos mestres do CEIP Laredo por este traballo tan meritorio.

Grazas por facervos eco da

Grazas por facervos eco da nosa iniciativa que se desenvolveu ao longo deste curso escolar 06/07. Este tipo de ligazóns/artigos permítenos seguir adiante con moitos máis ánimos.

Decirvos que para o vindeiro curso escolar 07/08 seguiremos "navegando" con proxectos parecidos a prol do medio mariño no que estaredes máis que invitados xa que sodes un referente neste eido.

Moi agradecidos, de novo, por difundir a nosa experiencia.

Seguímosvos de preto.

Apertas.

Gracias a vos polo traballo.

Gracias a vos polo traballo. Esperamos que cunda o exemplo e nazan máis iniciativas.

Saudos

Comment viewing options

Select your preferred way to display the comments and click "Save settings" to activate your changes.