O Concello de Moaña vai recuperar dúas carpinterías de ribeira.

O Concello de Moaña vai intentar convertir duas carpinterias de ribeira sen actividade industrial en Museo da Carpintería de Ribeira.
Unha das instalacións é a que usa Sueste para os Campamentos de verán, e en principio o alcalde pretende integrar a asociación no proxecto de Museo.

Que teima a de facer museos

Que teima a de facer museos de cousas que existen e está ben vivas!

Estou dacordo con isto que

Estou dacordo con isto que di Hugo. Unha desas carpinterías de ribeira, se non me equivoco, é dun home xubilado que a deixa porque non ten quen lle queira seguir ca tradición. Volver dicir porqué non teñen relevo os vellos carpinteiros e revolver no que xa temos moi falado, nembargantes en ves de facer museos con elas poderíanse reconvertir en escolas-taller onde xente nova poida aprende-lo oficio, pra, se non gañarse a vida integramente con isto, alomenos que lle sirva coma un importante complemento económico.

Comment viewing options

Select your preferred way to display the comments and click "Save settings" to activate your changes.