Vaise restaurar a Marina


O Faro de Vigo publica a noticia de que no Museo Massó van intentar restaurar para exposición a Marina, a única lancha xeiteira orixinal que ainda existe.
Hai 20 anos foi localizada en Caldebarcos pero o seu estado era tal que non foi posible recuperala para navegar. Na Aixola a partir da Marina fíxose unha replica, a Nova Marina, que finalmente foi cedida tempo despois pola Xunta á ACD Dorna que se encarga de dinamizala e hoxe pódese decir que é o seu barco insignia, polo menos ata que se remate o Rei do Mar.
Logo da construcción da Nova Marina a Xunta depositou os restos da Marina no Museo Massó.

Dado o caracter de peza única deste barco é unha excelente noticia que se vaia restaurar, sobre todo pensando que é o ultimo exemplar do tipo de barco máis numeroso da flota de pesca no pasado. Hoxe é dificil imaxinar os centos de xeiteiras que existían na costa galega e das que apenas quedan algunhas fotos e os rexistros nos arquivos.
A foto de arriba foi tomada durante a construcción da sua réplica na Aixola por Juan Álvarez a quen agradecemos que nola enviase.

Parabéns para Os Galos e ó

Parabéns para Os Galos e ó Museo Massó.

Pois eu, que queredes que

Pois eu, que queredes que vos diga...! Eu conservaríaa tal e como está, limitándome a tomar as medidas axeitadas para que os "restos" non vaian a peor...

Así tamén ten o seu encanto, e o seu abandono e posterior "descubrimento-rescate" forma parte da súa historia.
Ademais, que vai quedar de orixinal desa lancha cando se restaure?

Comment viewing options

Select your preferred way to display the comments and click "Save settings" to activate your changes.