A Evangelina estará en Muros


A goleta Evangelina, construida en 1912, está inscrita para participar no IX Encontro.
Lembrámosvos que se pode facer a inscrición a través do formulario eléctrónico do web do Encontro. O prazo está aberto ata o día 30 de xuño, pero recomendamos facer a inscrición o antes posible para facilitar o traballo dos organizadores.

Vaise animando a cousa de

Vaise animando a cousa de Muros. Alguén sabe de onde procede este buque? Paréceme que pola popa non é de aquí, de Galicia... Será que o adquiriron fóra e ten aquí a súa base ?

De aqui non de Rianxo. Foi

De aqui non de Rianxo.

Foi construido no 1912 no Freixo co nome de Letroisis. Restaurado en Astilleros Catoira de Rianxo en 2007.
Aqui unas fotos:
http://www.fotosdebarcos.com/viewtopic.php?t=16742

Ola: O barco chámase

Ola:
O barco chámase Evangelina, e foi construido en Rianxo en 1912. O seu casco era o característic dos galeóns das Rías, ainda que con maior eslora dos que vemos actualmente. A popa non é a orixinal, que foi cortada, xa que este barco, antes da sua recente restauración, estivo traballando de bateeiro a motor e sen arboladura. Era moi frecuente que a estes barcos lles cortaran a popa (de rabo de galo) para este uso. A moi coidadosa restauración non acometeu, sen emabargo, a restituación da orixinal popa, supoño que pola complexidade que conleva. Foi unha mágoa, porque modifica a preciosa estampa deste barco. De feito a cangrexa de popa, orixinalmente, tina unha botabara e arrastre moito máis longos, dandolle ao trapo un aspecto máis airoso (agora parece achatada). Igualmente a restauración engadiu eses voluminosos soportes para o bote auxiliar que asoman por popa, o que, ao meu entender, contribuen a desdibuxar a silueta orixinal, en perxuizo do barco, creo eu. Os armadores denominan ao barco "goleta", definición xenérica que, se ben non lle acae mal, penso que non é tan precisa como "galeón de dous paus" ou "galeón aparellado de goleta", que entendo que é como se chamaría nestas Rias, xa que os barcos, tradicionalmente, denominábanse pola forma do casco, non polo aparello. De todos xeitos o aparello non é exactamente de goleta, porque non arbola escandalosas. En todo caso o barco é unha preciosidade e os seus armadores ( Os propietarios de Mobles Rial, de Rianxo, se non me angaño) merecen todos os parabéns, por "embarcarse" (e meter os cartos) nesta belísima restauración, moi coidadosa e tradiconal, por certo (ata o aparello das velas vai amarrado, sen argolas de aceiro nen cables, no canto de comprar un mamotreto de fibra deses que abundan por estes lares.
A Evanxelina está anotada nos encontros de Muros, así que teremos a ocasión de vela e disfrutala de cerca.
Unha aperta Suso

Comment viewing options

Select your preferred way to display the comments and click "Save settings" to activate your changes.