Visita ó Arsenal
Lembrando aquel momento de Brest 92 no que por primeira vez ó Arsenal da Marina Francesa foi aberto ó público para ser visitado, ¿por qué non aproveitar os Encontros de Ferrol para coñecer o Arsenal ferrolán? Coido que sería moi atractivo coñecer o Museo Naval, o porto chico, os tinglados, diques ou as construccións militares construídas para erguer o complexo militar ferrolán, incluíndo posibilidade de visitar os castelos de San Felipe e A Palma. Podíase artellar desde a organización unha visita para os participantes dos Encontros. Penso que sería moi interesante coñecer esa parte do patrimonio marítimo que normalmente non temos posibilidade de ver.
Moito ánimo a organización ferrolán. Forza Dorna e vento en popa.











Estou dacordo co anónimo
Estou dacordo co anónimo (Veneciano) en que se podería visitar o Arsenal, o museo naval e demáis.
Orjanisasión: Enrrolladevos.
Molaría visitar el Arsenal
Molaría visitar el Arsenal y conocer ese patrimonio marítimo de nuestro país al que no siempre tenemos acceso. Me apunto a la petición de la visita al Arsenal para los participantes de los Encontros: BUENA SINGLADURA
Ola a todos, Gracias polas
Ola a todos, Gracias polas vosas suxerencias. Como xa dixemos noutra entrada de este foro, o castelo de S. Felipe está aberto a visitas, os Arsenais militares así como o antigo peirao e porta de Fontelonga,(hoxe terra adentro) teñen acceso libre a toda a poboación os dias festivos, nos tentaremos de que as visitas sexan durante o tempo que dure o encontro, e non creo que haxa problema xa que interesa para a promoción da candidatura de Ferrol Patrimonio da Humanidade no que tanto os Arsenais como os Castelos son a parte mais importante.
Un saúdo
Arturo
Apoio esas xestións a prol
Apoio esas xestións a prol das visitas ó Arsenal e demais patrimonio histórico ferrolán. Ánimo e bó vento á organización. Saúdos.
E o Galatea en Glasgow... Si
E o Galatea en Glasgow...
Si se concreta o do Arsenal, por fin a cultura marítima tradicional e a Marina Española da man! Que envexa doutros paises con tradición mariñeira na que a Marina do seu país non só colabora na organización das grandes concentracións de barcos tradicionais senón que tamén participa nelas. Que bonito sería ver o Elcano nos peiraos ferroláns durante a concentración. Cecais nos faría esquecer a penosa defensa que se fai en España da tradición e a cultura mariñeira por parte das administracións civís e militares. A quen se pase por Glasgow recomendo visitar o "Glenlee" (o nosos Galatea) e ver como chegou a aquelas augas (como chatarra) e como luce agora como orgullo da industria naval escocesa que é. ¿Onde están os veleiros da gloriosa Armada Española? Ulo están o noso Endeavour, o noso Discovery, o noso Cutty Sark? Por certo as carabelas que se construiron para o V Centenario as podedes ver en Google Earth no porto texano de Corpus Christi... E despois falamos do noso apego o mar e a grande importancia que ten nas nosas terras. En fin... Longa vida a Federacion e os nosos Encontros!
Barcos en Google Earth En
Barcos en Google Earth
En resposta ás anteriores preguntas de onde estaban algúns míticos barcos, para os que gustedes de usar Google Earth para “coñecer” mundo sen sair da casa, aquí tedes localizacións dalgúns veleiros históricos:
1. O Glenlee (o noso Galatea): O podedes atopar no estaleiro onde foi construído en Glasgow na ribeira do río Clyde. (55º51’45.40” N, 4º17’53” O)
2. O Discovery: O barco da exploración polar de Capitán Scout o podedes ver nos peinaos de Dundee (Escocia). (56ª27’25” N, 2º58’05” O)
3. O Cutty Sark: O mítico clipper o podedes ver en Greenwich, moi preto do Royal Observatory e o seu meridiano 0. (51º28’58” N, 0º00’35” O)
4. O HMS Victory de Nelson o podedes atopar no Dockyard de Porstmouth (50º47’53”N, 1º06’35” O)
5. A réplica do HMS Endeavour de Cook (que participo una rodaxe de Master&Commander) a podedes atopar en Darling Harbour en Sydney nas dependencias do Australian National Maritime Museum. (33º52’06” S, 151º11’58” E)
6. O “Ámsterdam”, da Compañía das Indias Orientales, o podedes atopar nos peinaos do Museo Naval de Holanda en Ámsterdam. (52º22’23”N, 4º 54’56” E)
7. Tamén en Holanda, no lago interior de Ijsselmeer, en Lelystad atoparedes a reconstrucción do Batavia. (52º31’21”N, 5º26’07 E)
8. En Estocolmo está o Museo Vasa construido para acoller o Vasa, o mayor buque da época que naufragou ó ser botado. Non se ve porque está baixo cuberta pero hai unhas moi boas fotos no Google Herat se vos achegades á súa localización (59º19’41”N, 18º05’29” E)
9. Por certo as Carabelas do V Centenario están en Corpus Christi (Texas): La Pinta e a Santa Maria están no “Corpus Christi Museum of Science and History” (27º48’39.53” N, 97º23’40.65 O) e a Niña na Corpus Christi Marina (27º47’38” N, 97º23’27” O). Por certo, moi preto das dúas primeiras está o portavións da II Guerra Mundial, o Lexington convertido en Museo (Como aquí se fai cos nosos barcos…).
10. O Balclutha, xemelgo do Glenlee (o noso Galatea), está no porto de San Francisco nas dependencias do San Francisco Maritime Museum . Foi o derradeiro veleiro que levou a bandeira do Reino de Hawai.
E hai mais, moitos mais… porque os mares son moi grandes e hai outros lugares onde respetan a tradición mariñeira (e non só barcos, tamén instalacións marítimas, portos…)
Bós ventos e mellares rumbos!