Reply to comment

construcción dorna

Hola, foro:
Somos un par de colegas, un arquitecto e outro escultor...ademáis os dous carpinteiros( non de ribeira)
O caso e que hai xa uns meses qeu empezamos a proxectar construir unha dorna de oito ou nove cuartas de quilla.
Tratamos de investigar en publicacións o proceso de construcción pero non atopamas nada que nos guíe, algo coma o método de medio casco e caixa de cadernas ou por rixidiera para as embarcacións construidas a tope(refírome ó excelente libro sobre o bote polbeiro publicado pola Xunta).
Parécenos que o mellor sería ter plantillas de varengas e madeiros, así coma das cinco taboas do casco.
Non sabemos se hai algunha asociación cultural ou constructor afeizoado que as poida ceder, estariamos salvados.
No último caso, de non conseguir as plantillas poderiamos aplantillar as pezas de unha dorna xa feita, pero seríanos de gran axuda se alguén nos indicase mais ou menos o tamaño necesario das cinco táboas necesarias para o casco (unha indicación de longo e ancho no caso de seren pezas rectas, para encargalas con tempo nun serradoiro de confianza e poñer a madeira a secar).
Moi agradecido de antemán, seríanos de grande utilidade calquera información que nos poidades facilitar.
Tamén se agradecen todo tipo de consellos e comentarios sobre a construcción.

Un saúdo. Carlos e Fran- Pontevedra

Reply

The content of this field is kept private and will not be shown publicly.
  • Allowed HTML tags: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd><img><div>
  • Lines and paragraphs break automatically.
  • Images can be added to this post.

More information about formatting options

By submitting this form, you accept the Mollom privacy policy.