Reply to comment

Máis problemas para o Hidria


(Foto Joan Sol)
Abaixo transcribimos a nota de prensa que acabamos de recibir dos propietarios do Vapor Hidria II. Nela denuncian que a Consellería de Cultura e Portos de Galicia prescindiron da presencia do Hidria no programa de Portos Xacobeos, de forma unilateral, sen explicacións, e unha semana antes de empezar.
A presencia do Hidria fora anunciada na páxina de Portos Xacobeos, nas notas de prensa do Xacobeo, e nas notas de prensa da Consellería. Neste momento na páxina de Portos Xacobeos non aparece mención ao Hidria
Cando Portos ou a Consellería comuniquen as súas razóns daremos aquí noticia delas.

Nota de prensa:

A CONSELLERÍA DE CULTURA E PORTOS DE GALICIA APARTAN O HIDRIA II DO PROGRAMA PORTOS XACOBEOS
Unha semana antes da data prevista para a súa participación no programa, e sen explicacións

A Consellería de Cultura e Portos de Galicia veñen de prescindir do vapor Hidria II como escenario de distintas actividades do programa Portos Xacobeos, e fixérono sen mediar explicación, unha semana antes de que o Hidria II atracase en Pontevedra para iniciar a súa participación neste evento cultural.
A presencia do Hidria II no programa Portos Xacobeos estaba prevista desde o pasado mes de marzo, cando os representantes da Consellería de Cultura e de Portos de Galicia presentaron en rolda de prensa o programa, e dende entón estaba anunciada na páxina web do evento (portosxacobeos.es), coas localidades e as datas concretas nas que o Hidria II ía acoller diferentes concertos e exposicións.
A programación oficial de actividades non fai xa ningunha referencia ao Hidria II, e nela consta como “pendente” o lugar no que se celebrarán os actos que debía acoller o Hidria II nos portos de Pontevedra, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Fisterra, Muxía e Ribadeo, entre os meses de xuño e setembro.
Os armadores do Hidria II queremos deixar constancia do noso estupor por unha decisión unilateral, que nos colle totalmente de sorpresa, cando levamos varios meses traballando para cumprir a nosa previsión. En todo momento temos obrado con total honestidade e confiado na boa fe dos responsables de Portos de Galicia, sen ningunha constancia de motivo algún que impedira a nosa presencia no programa Portos Xacobeos.
Queremos denunciar, ademais, o grave prexuízo económico que nos causa esta repentina decisión. Por un lado, porque supón deixarnos sen unha actividade planificada para este verán, que requeríu acometer gastos, realizar contratos e negociar financiación. E por outro, porque a estas alturas do ano nos deixa practicamente sen capacidade de reacción para redirixir a actividade do barco durante o verán e salvar a tempada turística.

Sesé Otero e Xacobo Costas
Vapores del Atlántico, S.L.
Teléfono de contacto: 667 61 20 37

Reply

The content of this field is kept private and will not be shown publicly.
  • Allowed HTML tags: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd><img><div>
  • Lines and paragraphs break automatically.
  • Images can be added to this post.

More information about formatting options

By submitting this form, you accept the Mollom privacy policy.