Reply to comment

Presentación do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Guarda


O pasado día 26 tivo lugar na Capitanía de Baiona unha presentación do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Guarda.
Nesta presentación xunto cos alcaldes de Baiona e Nigrán e o persoal do GAC intervíu Victor Fernández, presidente da FGMCF, para explicar a importancia do patrimonio marítimo, as súas posibilidades como motor económico, e as actividades que está a levar adiante os colectivos que forman a FGCMF.

Os Grupos de Acción Costeira son asociacións de carácter local constituídas polas organizacións do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, das organizacións sociais, medioambientais, culturais,... do sector empresarial e polas administracións locais, que tén como obxectivo desenvolver un proxecto no marco do programa.

Os proxectos intentarán o fomento de actividades económicas alternativas, como as actividades turístico-pesqueiras (nas que hai que actuar para facilitar a súa posta en marcha e funcionamento por parte das organizacións pesqueiras) e a potenciación das políticas coordinadas sobre turismo e medio natural, así como outras actividades que permitan a diversificación do sector, a mellora dos sistemas que promovan a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a promoción da pluriactividade dos pescadores, así como desenvolver diversas colaboracións científicas e a creación de liñas específicas de I+D+i orientadas á diversificación das actividades económicas que partan das propias zonas en declive.

Reply

The content of this field is kept private and will not be shown publicly.
  • Allowed HTML tags: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd><img><div>
  • Lines and paragraphs break automatically.
  • Images can be added to this post.

More information about formatting options

By submitting this form, you accept the Mollom privacy policy.