Reply to comment

Vela ao tercio en Venecia


No entorno de Venecia a Associazione Vela al Terzo traballa para a protección e promoción dos barcos tradicionais venecianos que montan un característico aparello con vela ao tercio coas velas cheas de cores e debuxos.

As tipoloxías presentes son de variado porte e fasquía, e chaman a atención algunhas semellanzas entre este aparello e os que montan os nosos barcos con vela ao tercio, como se pode ver na Piccola Guida sulla Vela al Terzo.

Esta asociación promove regatas, elabora un inventario de embarcacións con vela ao tercio, promove cursos de navegación e edita material sobre estes barcos.
No seu web hai moita información e fotografías, tanto sobre os seus barcos como sobre a súa organización e actividades.

Reply

The content of this field is kept private and will not be shown publicly.
  • Allowed HTML tags: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd><img><div>
  • Lines and paragraphs break automatically.
  • Images can be added to this post.

More information about formatting options

By submitting this form, you accept the Mollom privacy policy.