Submitted by Suso da Moura (not verified) on Fri, 17/07/2009 - 12:38.
Pola miña parte e por parte dos mariñeiros familia e amigos do Lajareu, quero sumarme a ese agradecemento e a esa admiración pola xente de Muros e da volta. Máis que quedar un bo sabor de boca ao deixar Muros, o sabor embriagounos desde o primeiro dia. Estabamos alí, participando e disfrutando de todo e ramos perfectamente conscientes do estupendamente que nos estaban acollendo. Todo arredor era entusiasmo e ilusión. E todos eran conscientes do ben e bonito que saia todo e da ilusión colectiva que se vivía a cada paso.
A miña verborrea habitual non chega para plasmar estas sensacións de alegría e benestar vividas e compartidas colectivamente. Non esaxero.
O meu agradecemento exténdese non só aos veciños de Muros e bisbarra (con especial mención aos da Abelleira), senón tamén ás suas asociacións e todo tipo de movementos nos que se organiza colectivente toda esta xente. Porque para ilusionar e activar a tanta xente en "tamaña" empresa colectiva non cabe dúbida de que debe existir un tecido social e asociativo cohexionado e activo con capacidade para explicar, transmitir, e mover á cidadanía á participación de xeito tan notable. Tecido asociativo integrado e conformador da propia comisión organizadora que foi, sen dúbida, o acerto fundamental desta edición dos Encontros.
Unha aperta de agradecemento e felicitación, por tanto, aos membros da Comisión que soubo ser cabeza e referente para todos deste proxecto e este éxito.
E se o comentario me quedou moi entusiasta e rimbombante dame igual: levo cinco dias en terra e ainda non arriei do barco de Muros.
Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial . FGCMF
Active forum topics
Recent comments
1 week 4 hours ago
1 week 3 days ago
2 weeks 4 days ago
2 weeks 5 days ago
3 weeks 5 days ago
4 weeks 6 hours ago
6 weeks 6 days ago
7 weeks 17 hours ago
8 weeks 4 hours ago
8 weeks 1 day ago
Upcoming events
Random image
Highlight
Novas dos Colectivos
Cartagena Vela Clásica
Dionisio
17 de maio na Arousa
Escapada para darlle unha man
A terceira proba rematou en encalmada
Rematou o Cursiño de Carpintaría
Noticias Regata C.C. Jaime Janer
FESTIVAL “ARCU ATLANTICO” EN GIJÓN
O 17 vémonos en Arousa
XVI REGATA ALMIRANTE RODRIGUEZ TOUBES – COPA GALICIA
Arquivo
Noticias
Comentarios
Links
Apoiamos