Reply to comment

A arma secreta de Muros



Falando coa xente que acudíu a Muros, e fora dos pequenos detalles que sempre suceden, en xeral todos están de acordo en que foi un completo éxito. O tempo acompañou, o sitio é inigualable, a comida boa e había moitos barcos.

Pero todos cos que falamos din o mesmo, a xente de Muros, de Lira, de Esteiro, de Abelleira e da contorna, foron realmente moi acolledores. Non só non houbo ningún incidente reseñable, cousa normal cando se xunta tanta xente, senón que a amabilidade, a capacidade de facer que non te sintas de fora, foi algo fora do normal.
Os que dalgún xeito participamos na organización tamén podemos decir que desde o primeiro momento todo foron facilidades, mostrando unha actitude proactiva impresionante.

A arma secreta de Muros é a súa xente. Moitas foron as persoas que traballaron, non podemos decir aquí o nome de todas porque sería case todo o pobo, moitas as que dalgunha forma perderon do seu para que o Encontro fose a adiante, pensamos nos mariñeiros que cederon o seu atraque para os barcos, nos veciños que viron complicada a súa vida pola cantidade de xente, no ruído que seguro algúns tiveron que sufrir, nos operarios municipais que traballaron moito máis do que era o seu deber e sempre cunha boa cara, nos veciños que engalanaron as súas rúas, nos moitos voluntarios antes, durante e despois do Encontro. En resumen moito traballo.

Nas fotos de arriba podedes ver o traballo nunha das prazas da vila e na outra cando xa case estaba rematado. Pensade que moitos dos obxectos que se ven son pezas moi antigas, que houbo que localizar, montar, coidar e logo recoller, o traballo máis ingrato e que nunca sae nas fotos.

A Federación quere mostrar o seu agradecemento a todos os que axudaron a que este Encontro saise adiante.

Reply

The content of this field is kept private and will not be shown publicly.
  • Allowed HTML tags: <a> <em> <strong> <cite> <code> <ul> <ol> <li> <dl> <dt> <dd><img><div>
  • Lines and paragraphs break automatically.
  • Images can be added to this post.

More information about formatting options

By submitting this form, you accept the Mollom privacy policy.