Blogs
XII Concentración de embarcacions tradicionais de Combarro
Lino | 25/08/2006Comunicado do Clube Mariño "A Reiboa"
Desde o Club Mariño "A Reiboa" comunicamos que queda cancelada a XII Concentración de embarcacions tradicionais en Combarro (Poio) por desavenencias co concello, xa que nun ultimo intento de reconvocatoria, acordouse en asamblea extraordinaria do dia 22 de Agosto, a aceptacion a facer a concentración cuns condicionantes, que unha vez expostos no concello estes foron rechazados.
Solicitamos da federación a divulgación desta cancelación, para que poidendo ser, sexa o mas efectiva posible a hora da cancelacion das inscripcions das embarcacións n Ler máis»
Botadura do Barco da Memoria.
Lino | 18/07/2006O luns día 17 de xullo, cun sol de xustiza, 33 graos e vento “a plomo”, tivo lugar no porto de Tragove (Cambados) a inauguración do Barco da Memoria. Na súa ampla bodega leva os catorce paneis da exposición “Os mártires do mar, a represión franquista contra os mariñeiros galegos” de Dionisio Pereira.
O Hidria Segundo estivo repleto de convidados e medios de comunicación, que non se quixeron perder o momento inicial desta nova andadura. Para o acto de inauguración interviron: Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte que falou sobre a importancia desta iniciativa, Luis Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural que fixo as veces de presentador do evento, Dionisio Pereira, en calidade de Coordinador do Proxecto e Comisario da Exposición falou sobre a realidade galega no 36 e resaltou que os represaliados forono básicamente “por ostentar ideas para unha vida mellor” e por ultimo Manolo Rivas leu o manifesto do Barco da Memoria. Ler máis»
Presentación do libro "Xentes do mar do Grove"
Lino | 30/06/2006Sotelo Blanco Edicións publica "Xentes do mar do Grove", de Olegario Sotelo Blanco, con fotografías de Xurxo Lobato. Ler máis»
II Regata Area Seba no Grove, a seguinte cita.
Lino | 04/06/2006A seguinte proba no calendario é a segunda edición da Regata Area Seba, organizada polos Amigos da Dorna Meca, de O Grove. A saída está prevista para as 4 da tarde (agradecese a máxima formalidade posible no horario) saíndo do porto de O Grove, facendo un percorrido polo mar dos mecos para facer a chegada no mesmo porto.
Estades todos convidad@s
A FGCMF na I Xornada sobre iniciativas para a recuperación e divulgación do patrimonio marítimo galego
Lino | 01/04/2006O pasado sábado 25 de marzo tivo lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) a I Xornada sobre iniciativas para a recuperación e divulgación do patrimonio marítimo galego, organizadas polo CEIDA e o Concello de Oleiros, e co patrocinio das Consellerías de Medio Ambiente, Pesca e a Universidade da Coruña.
Na presentación e inauguración da xornada estiveron presentes todas as administracións e institucións organizadoras, e ao mesmo tempo que se desenvolvía esta actividade protocolaria Uxío Allo e Isidro Mariño aparellaban unha dorna polbeira na mesma porta do Castelo.
A xornada comezou coa ponencia “Unha ollada dende a historia ao noso patrimonio marítimo” a cargo de Luís Rei, do Grupo Etnográfico Mascato, na que nos deu un paseo pola historia do noso mar e a súa riqueza ó longo de diversas etapas. Ler máis»












Recent comments
19 hours 49 min ago
21 hours 59 min ago
1 week 4 days ago
1 week 5 days ago
1 week 5 days ago
2 weeks 3 days ago
3 weeks 1 day ago
3 weeks 2 days ago
3 weeks 2 days ago
3 weeks 5 days ago